Entrevistas
13 de setembro de 2011 La Voz de Galicia
Excelente imaxe sen recompensa

O Burela FS-Pescados Rubén non puido sumar na xornada inaugural da Primeira División feminina, a pesar de que foi moi superior durante 37 minutos a un Móstoles que parte como claro candidato a loitar pola liga.

As pupilas de Pardeiro ofreceron unha imaxe excelente e pecharon durante a primeira parte s mostoleñas na súa pista, pero non foron capaces de bater a porteira madrileña. “Estamos moi amolados polo resultado porque o 0-3 non foi o reflexo do que pasou non partido. Fomos donas do partido, grazas a que presionamos moi ben en campo contrario, tivemos o dominio do xogo e xeramos moitas ocasións, mentres que elas se limitaron a esperarnos no medio campo e buscar as contras”, explicou Pardeiro.

O técnico loou o nivel físico que mostrou o seu equipo na primeira xornada. Para demostrar a inxustiza da derrota serven os seguintes datos. As burelás recuperaron 67 balóns na presión, tiraron a portería o triplo que o seu rival e as mostoleñas só realizaron 4 lanzamentos na primeira parte, indo cara á portería só 1. O gol visitante chegou no minuto 37 “e visto todo o que dominaramos ata ese momento foi un mazazo”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores