Entrevistas
24 de agosto de 2011
Maite: 'O Burela FS xa demostrou que con empeño e esforzo se poden conseguir moitas cousas'

A ala cacereña Maite García de la Montaña (1988), subcampioa da Copa de España Burela 2011 co Diamante La Rioja, será unha das novidades do Burela FS Pescados Rubén para a vindeira tempada en Vista Alegre. Entre adestramento e adestramento, a futbolista recoñeceu unha boa aclimatación á dinámica de preparación laranxa, que cualificou como “moi interesante e cunha alta carga de intensidade”.

Sobre a proxección do equipo na tempada a deportista estremeña confesou: “Creo que podemos manter a progresión do conxunto; conservamos a base dun cadro moi competitivo e sacrificado, que xa demostrou en numerosas ocasións que con empeño e esforzo se poden conseguir moitas cousas”. “Tocaranos un inicio moi duro, co  campión da Copa España e o campión da liga nas primeiras xornadas. Sabemos que temos que afrontar o comezo do calendario sen presión, independentemente dos resultados, pero co Móstoles sairemos a gañar con todo porque o Burela FS ten algo pendente dende a Copa”, explicou a nova incorporación burelista.

Antes do 10 de setembro, a escuadra mariñá deberá superar os test de pretempada, coa fase previa da Copa Galicia e o torneo portugués Terras de Vermoim (3 de setembro) entre os amigables confirmados: “Será unha boa oportunidade para coñecer de preto o fútbol sala galego, á parte dos rivais da Primeira División, nunha cita que se lle dá moi ben ao Burela FS, ademais de medirnos á calidade lusa” expresou a cacereña.

“Intentarei contribuír aos obxectivos deste equipo co maior dos meus esforzos, con algún título como meta”, asegurou Maite facendo referencia ao “excelente ambiente dos adestramentos e á cómoda adaptación ao cadro laranxa”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores