Entrevistas
23 de agosto de 2011
Marcelo Santoro renova o compromiso burelista

O brasileiro Marcelo Santoro, Neco, renovou o seu compromiso á fronte da dirección deportiva do CD Burela FS. O director xeral da entidade, José Luis Sáez Castro, recibiuno na sede laranxa para selar o acordo.

"Estou moi contento coa renovación, agradezo a confianza depositada polo club, algo que para min é moi importante. Para todas as persoas que compoñemos o club, cada tempada supón un novo reto, pero tamén unha ilusión maior, para facer do fútbol sala mariñán unha referencia", comentó o director deportivo tras oficializarse a súa ampliación de contrato.

José Luis Sáez explicou que “o club quere seguir progresando na consolidación do proxecto e, para iso, aposta pola continuidade do seu responsable deportivo, que posúe un amplo coñecemento do fútbol sala internacional tanto masculino coma feminino".

Tras unha extensa traxectoria como xogador entre o Brasil e a División de Honra española, entre clubs como o Playas de Castellón ou o extinto Cefire mariñán, Neco asumiu as responsabilidades da secretaría técnica na entidade burelista en xuño de 2008, labor que dende entón compatibiliza coa preparación específica de porteiros tanto dos equipos sénior coma das categorías de base, así como co adestramento de parte da ED EON Burela FS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores