Entrevistas
7 de xuño de 2011 A Mariña-El Progreso
Pardeiro agradece o apoio de Vista Alegre na Copa

A participación do Burela FS Pescados Rubén na Copa de España Burela 2011 na localidade mariñá foi cualificada de “moi positiva” polo seu adestrador, Javier Pardeiro, quen considera que as súas pupilas fixeron un gran papel alcanzando as semifinais ante o Móstoles, onde só a mala sorte lles impediu loitar polo trofeo. “Unha liña moi delgada separounos de conseguir o pase. Quero agradecerlles ás miñas xogadoras o esforzo feito, xa que o deron todo sobre a pista”, sinalou Pardeiro.

[…] “A tempada foi fantástica porque contabamos cun grupo reducido de xogadoras e, polo tanto, non podiamos facer moitas rotacións. Loitamos na liga e conseguimos a cuarta praza empatados a puntos co terceiro e na Copa perdemos nun encontro moi disputado onde encaixamos os goles nuns minutos de desconcerto” dixo o técnico laranxa.

[…]

Sen dúbida unha das mellores cousas que deparou a Copa foi a imaxe ofrecida por Burela, xa que o pavillón de Vista Alegre estivo practicamente cheo durante todos os partidos do torneo. “[…] O público, coma sempre, estivo de fábula. Ás xogadoras animáronas cando gañaron e cando perderon e sempre lles estaremos agradecidos a todos os afeccionados” explicou o adestrador burelista. […]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores