[...] Para Víctor Cachón, “o mellor sería finalizar cuartos, polo fortes que estamos en Vista Alegre, pero a pesar de todo asinamos unha incrible recta final. Perdemos ao longo da tempada puntos, pero non xogamos nas condicións que desexabamos por lesións. No inverno viñeron dous xogadores novos, Ique e Cléber, que nos axudaron moito en canto se adaptaron ao equipo”.
Sobre o seu rival, o pivote declara que “nos play off, considero que dá igual o rival, porque te enfrontas aos mellores equipos da competición. Na fase regular xogamos contra eles con bos resultados, empatamos na casa e no seu campo gañámoslles. Respectámolos, pero non lle temos ningún medo”.
[+ inf. en LNFS]