Entrevistas
3 de maio de 2011 LNFS
Juanma: 'O Burela FS vai de menos a máis'

A falta dunha xornada o Burela FS ten opcións de quedar cabeza de serie de cara aos play off polo ascenso á División de Honra. Non depende de si mesmo, pero Juanma ve posible vencer o Azulejos y Pavimentos Brihuega e facerse coa cuarta praza. Así o expresou a www.lnfs.es.

“Pensamos que conseguindo os últimos puntos na casa poderemos ter opcións de quedar cuartos da División de Prata. Ademais os nosos rivais máis directos teñen choques importantes. O BP Andorra enfróntase ao Arcebansa Zamora, un encontro que pode ser determinante. Gáldar enfróntase ao Albacete 2010 coa necesidade de gañar, porque o empate válenos para adiantar”, di o pivote.

O de Alfoz fala sobre o seu rival, o Brihuega: “É un equipo que virá relaxado porque non se xoga nada e sen presión. Esa é a súa maior arma. É certo que na segunda volta non atopou a regularidade pero é moi perigoso e non nos vai regalar nada. Será un partido onde eles e nós temos opcións”.

O último partido da fase regular pode ser o broche de ouro a un magnífico final de tempada para o equipo da Mariña. Juanma opina que “tras unha etapa de resultados non moi bos, reaccionamos e empezamos a gañar moitos máis puntos. Nos últimos partidos sentímonos moi cómodos, afrontamos esta recta final de tempada con moita moral. Somos un equipo que vai de menos a máis”.

Sobre o seu estado de forma, Juanma considera que “estiven dous meses lesionado, pero xa collín o ton. Volvín ver porta e estou nun bo momento para afrontar o encontro ante o Azulejos y Pavimentos Brihuega e os play off”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores