Entrevistas
22 de marzo de 2011 La Voz de Galicia
Suso Rey: 'Tras a parada hai que facer bo este punto'

O técnico do Burela FS considera necesario esperar a que pase a xornada de descanso para calcular o valor do punto obtido o sábado fronte ao Puertollano. “A priori é positivo porque sempre é bo sumar ante os de arriba, pero... Tras a parada é cando hai que facer bo este punto”, asegura. Por primeira vez en moito tempo o electrónico do pavillón Vista Alegre non se moveu en 40 minutos e o partido acabou como empezou. Para Suso Rey, o 0-0 responde ao feito de que sobre a cancha estaban o equipo menos batido na casa e o que mellor defende a domicilio. No entanto cre que debeu de haber goles porque foi un duelo “de toma e daca e con moita finalización”. “Na primeira parte cada equipo contabilizou 12 tiros a portería”, apunta Rey.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores