Entrevistas
14 de marzo de 2011 LNFS
Esteller: 'Somos xustos merecedores do triunfo'

O Burela dixo adeus a unha mala etapa de resultados tras tres partidos sen puntuar. Os laranxas volveron á senda da vitoria á custa do Space Gasifred, ao que derrotaron por 2 tantos a 1 en Vista Alegre. “Necesitabamos gañar como fose porque tiñamos unha gran necesidade de puntos. Máis na casa, onde pasamos algunhas xornadas con resultados non moi bos. Estou contento por  reencontrarnos coa vitoria”, dixo Adriá Esteller.

O ala valorou o partido ante os eivisencos do Gasifred dicindo que: “foi un encontro no que os dous equipos queriamos os puntos, nós para seguir arriba e eles para saír do descenso. Puxémonos 2-0 na primeira parte. A segunda tivo a mesma tónica que a primeira. Marcaron e causaron algo de perigo pero o tempo do encontro foi noso. Tivemos a oportunidade de poñernos máis por diante grazas á superioridade numérica pero non o logramos. De todos os xeitos creo que somos xustos merecedores do triunfo”.

O Burela volve pór algo de terra polo medio respecto dos play off: “Non miramos a ninguén máis nin arriba nin abaixo. Só a nós mesmos?, di Adrià Esteller. “Traballamos moito toda a semana polo que creo que o noso obxectivo debe depender exclusivamente de nós mesmos”.
 
[+ inf. en LNFS]

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores