Entrevistas
10 de marzo de 2011 LNFS
Víctor Cachón: "Se gañamos os partidos da casa non perigará o play off'

O Burela FS recibe o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa tras realizar un longo desprazamento ligueiro a Lanzarote e xogar as semifinais da Copa Galicia ante o Azkar Lugo. A pesar diso, Víctor Cachón non cre que os encontros lle pasen factura ao Burela: “A viaxe a Lanzarote e o regreso foron cansados. O partido ante o Azkar foi intenso. Con isto o adestrador poranos un adestramento específico e adecuado para non sentirnos cansados. En realidade é o de menos, porque temos moitas ganas de vencer o Gasifred e de conseguir os 3 puntos que tanto necesitamos”.

Sobre os últimos resultados do Burela FS, Cachón explica que “espero que o sábado se corte esta etapa de derrotas. Creo que nos pasou por un cúmulo de cousas. Por exemplo, Juanma lesionouse en Brihuega nun partido que se xogou en xaneiro, eu mesmo tiven problemas co xeonllo, Cléber e Ique estanse adaptando a pasos axigantados pero a pesar da súa gran calidade, son novos no equipo... isto non serve de escusa pero o equipo por unhas cousas ou por outras non estivo completo en moitos partidos. No próximo intentaremos conseguir a vitoria”.

As derrotas sufridas nas últimas xornadas teñen o seu lado positivo e é que o Burela aínda se atopa en postos de play off polo ascenso: “Perdemos en Lanzarote, que é un rival directo polos play off e perdemos tamén un partido na casa, a pesar dos nosos bos resultados. Nas próximas xornadas visítannos Ribeira Navarra e UPV, clubs aos que xa puntuamos na primeira volta. Se conseguimos sacar os nosos partidos da casa, non teremos problemas en meternos entre os 8 primeiros”.

 

[+ inf. na LNFS]

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores