Entrevistas
1 de marzo de 2011 A Mariña-El Progreso
Suso Rey: 'O Burela FS foi o único que se expuxo e por iso levou o golpe'

O técnico do Burela FS, Suso Rey, considera que a derrota ante o Extremadura Cáceres 2016 (1-2) deixa máis tristeza que secuelas deportivas, xa que a presenza nos postos de play off segue sendo clara. “Estamos a oito puntos do corte e temos moito camiño andado. Non creo que sexa preocupante que perderamos seis partidos en toda a liga, aínda que loxicamente a ninguén lle gusta caer na casa ante o último. O Burela FS ten unha afección esixente porque tamén o club o é, pero este grupo de xogadores sabe sufrir e seguro que o fará ata o último minuto da última xornada se é necesario”, sinala.

O preparador laranxa animou os xogadores tras o tropezo e deféndeos a capa e espada ante calquera crítica. “Os meus xogadores dano todo e merécense todo o meu apoio. Só lles pido que sigan traballando da mesma forma porque chegarán os resultados outra vez”, sinalou o técnico, contrariado pola derrota ante un rival que se limitou a esperar a súa oportunidade. “O Burela FS foi o único que se expuxo e por iso é tamén foi o que levou o golpe. Levamos o peso do xogo e tivemos as ocasións, mentres que o Cáceres levou os tres puntos sen facer case nada. Felicito o rival porque gañou e cada un chega á vitoria como o estima oportuno, pero eu quero que o Burela teña unha filosofía de buscar a portería contraria e non especular co resultado”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores