Entrevistas
1 de marzo de 2011 La Voz de Galicia
O calendario é alento para o Burela FSF no sprint final

Dando por feito que Móstoles e Ponte Ourense acapararán os dous primeiros postos da clasificación, só dúas prazas quedan vacantes para ser cabeza de serie na Copa de España e en liza hai cinco candidatos, entre os que se atopa o Burela FSF Pescados Rubén. Polo terceiro e cuarto posto tamén loitarán Atlético de Madrid Navalcarnero, Valladolid, Diamante-La Rioja e Femesala Elche. Desta nómina, o conxunto mariñán é o que mellor calendario ten para lograr o seu propósito e ata así o recoñece o seu técnico.

A diferenza dos seus competidores, o Burela FSF xa non se cruzará no camiño dos dous primeiros, lanzados a polo título. Ao Valladolid quédalle enfrontarse co conxunto mostoleño, mentres que o Atlético de Madrid, o Diamante e o Femesala aínda deben atoparse con ambos. “É unha vantaxe ter superadas xa as citas co Ponte e Móstoles porque son equipos practicamente invencibles”, destaca Javier Pardeiro, ao que este feito o inclina a admitir que o calendario é alento para o seu equipo no sprint final da División de Honra.

A dificultade dos partidos que lle restan ao seu equipo non é o único que reforza o optimismo do técnico. “Nós chegaremos moi ben á recta final, porque para iso estamos enfocando a preparación e outros están agora no seu mellor momento”, declarou.

Sobre o encontro de antonte en Vista Alegre, que perderon por 2-5 ante un Valladolid cos efectivos xustos, Javier Pardeiro exculpa as xogadoras e sinálase como principal responsable da derrota. “Quizais debín insistir máis en como debiamos afrontar esta partido. Púidonos a ansiedade”, dixo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores