Entrevistas
22 de febreiro de 2011 A Mariña-El Progreso
Pardeiro: 'Suplimos as carencias físicas con intelixencia'

Unha das persoas máis felices tras o triunfo conseguido polo Burela FSF Pescados Rubén en Zaragoza (3-5) é o seu técnico, Javier Pardeiro, que non só se mostra contento polos tres puntos senón pola forma de conseguilos. “Estou tremendamente satisfeito polo xogo despregado durante moitos minutos. Penso que houbo moita diferenza entre un equipo e outro, sobre todo na primeira metade e durante boa parte da segunda”, dixo.

O técnico considera que as súas xogadoras leron perfectamente as necesidades do partido para non deixar que o rival tivese opcións. “Tivemos unha porcentaxe de posesión de pelota moi elevado e apenas deixamos marxe para os contragolpes, que eran o punto forte do rival. Puxémonos 0-5 e incluso tivemos oportunidades para recoller unha vantaxe máis grande”, dixo o técnico, que tamén falou dos tres goles encaixados polo seu equipo no tramo final. “Foi un achegamento máis ficticio que real, nunca cheguei a temer polo resultado”, explicou.

O adestrador cre que o seu equipo non está no mellor momento físico, pero que o suple con intelixencia. “O cadro está lonxe do seu mellor nivel físico, pero nesta ocasión fomos capaces de contrarrestalo con outras virtudes. Amosamos concentración e intelixencia”, sinalou Pardeiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores