Entrevistas
22 de febreiro de 2011 La Voz de Galicia
Ique: 'Non defraudarei a afección'

Está convencido de que triunfará en Burela. Asegúrao nun castelán máis fluído do que cabería esperar pero coa timidez que mostra en todas as respostas. Ique (São Paulo, 1985) traballa para acelerar o seu proceso de adaptación a un Burela, ao que eloxia polo seu funcionamento.

-Cal é a valoración das súas primeiras semanas no Burela?

-Moi boa. Gústame o equipo, os compañeiros, a zona... De momento estou moi a gusto neste club.

-Está xa adaptado ou aínda en proceso?

-Cada día que pasa atópome máis cómodo, os compañeiros facilítanme moito as cousas, pero aínda necesito un pouco máis de tempo para adaptarme totalmente.

-Que é o que peor leva? Quizais o clima?

-Nada en particular. O clima? Estiven dous anos e medio en Romanía e alí alcanzábanse tempaturas de 15 graos baixo cero, non teño problema co frío.

-Sorprendeulle algo do seu novo club?

-Case todo. A seriedade, a estrutura e sobre todo a profesionalidade. Nuncha estiven nun club tan serio e profesional. Tamén me impresionou a afección que ten.

 
[ + inf. en La Voz de Galicia-A Mariña]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores