Entrevistas
30 de novembro de 2010 La Voz de Galicia
Claudia: 'Merecemos e necesitamos este descanso'

O Burela FSF Pescados Rubén non volverá competir na elite ata o 18 de decembro. A parada ligueira está motivada pola disputa do mundial feminino en Madrid e é festexada máis que unha vitoria polo cadro mariñán, onde moitas xogadoras sofren unha excesiva carga de minutos e necesitan repouso con urxencia. “Merecemos e necesitamos este descanso”, asegura Claudia, a capitá, quen entende que a participación na próxima Copa de España se vería ameazada sen incorporacións.

-Seguro que ningún equipo agradece tanto a parada como o Burela FSF.

-Seguro. A nós fainos moita moita falta. Eu teño maniotas en todo o corpo, dóenme as pernas, os brazos... e moitas xogadoras están exactamente igual. Merecemos e necesitamos este descanso.

-Deixaron moitos puntos no camiño pola falta de rotacións?

-Eu creo que si. Non en todos os partidos, pero nalgúns si resultou determinante. A falta de frescura impediunos gañar.

-Que tropezos lle doeron máis?

-Os do Gironella (4-4) e o Orvina (2-2), rivais aos que contabamos e deberiamos gañar e non puidemos polo cansazo que tiñamos. Tamén boto de menos os dous puntos que perdemos ante o Elxe porque foi un partido que claramente merecemos gañar.

[...]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores