Entrevistas
23 de novembro de 2010 A Mariña-El Progreso
Pardeiro: 'Ninguén nos está regalando nada'

A sexta posición que ocupa o Burela FSF Pescados Rubén despois de dez xornadas non é froito da casualidade, senón do traballo. Esa é a opinión do técnico laranxa, Javier Pardeiro, que se mostra orgulloso do que están facendo. “Ninguén nos regalou nada. Este grupo de xogadoras ten un afán de traballo e un espírito que merece, sen ningunha dúbida, esta boa clasificación”, asegura Pardeiro, que valora o esforzo realizado  para resolver o difícil comezo de tempada. “Só podemos mellorar. Tivemos que superar unha morea de dificultades, cun cadro moi xusto”, sinala.

O preparador do conxunto burelao considera que o triunfo conseguido en Alcorcón ratifica o bo momento do equipo. “Na primeira metade non estivemos ao noso mellor nivel, talvez polo cansazo da viaxe, pero na segunda parte fomos moi superiores e penso que aínda puidemos acadar un resultado máis avultado”, sinala o técnico, que considera os tres puntos de grande axuda. “Se somos capaces de gañarlle ao Elche chegaremos á parada do Mundial nunha situación moi cómoda, con opcións de estar entre os cinco primeiros”, dixo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores