Entrevistas
23 de novembro de 2010 La Voz de Galicia
Víctor Cachón: 'Atopeime ben en Navarra, pero aínda me falta chispa'

Víctor Cachón volveu sentirse futbolista e útil para o Burela FS. Dous meses despois de caer lesionado, o xogador gaditano disputou o sábado en Tudela o seu terceiro partido ligueiro coa camiseta laranxa e contribuíu cun gol na remontada do seu equipo, que perdía por 3-0 ao descanso e acabou levando un punto (4-4) fronte a un Ribera Navarra ata entón intratable na súa cancha.

”Atopeime ben, mellor do que esperaba, pero aínda fáltame chispa e confianza para ser o de antes”, declara o ala-pivote burelista, que, aínda que considera que o Burela fixo máis méritos para gañar, define como “moi bo” o resultado obtido amparado na entidade do rival e a considerable desvantaxe coa que afrontaron o segundo acto. “Demostramos unha vez máis que somos unha piña. Ningún equipo lograra puntuar alí”, destaca Cachón.

Aplausos para a afección. O conxunto de Suso Rey estivo arroupado en terras navarras por máis de medio cento de seareiros, a maioría membros da peña A Pataca Naranxa. Víctor Cachón, “no nome de todo o equipo”, considerou o xesto con palabras de agradecemento. “Dámoslles as grazas polo seu apoio e non só neste partido. Cada sábado que xogamos na casa esta afección demostra que está entre as mellores de España”, concluíu dicindo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores