Entrevistas
19 de xullo de 2010 LNFS
Suso Rey: 'O obxectivo é volver entrar no play off'

O Puertollano Restaurante Dacho privounos do soño da División de Honra e xa van cinco intentos. Aínda así, o Burela volve ser un dos favoritos para loitar polo ascenso nunha renovada División de Prata, que este ano contará con 19 equipos. O seu técnico, Suso Rey, falou para www.lnfs.es das súas impresións de cara á nova tempada.

O obxectivo do equipo seguirá sendo o mesmo que a pasada campaña, é dicir, "xogar o play off de ascenso". Segundo Suso Rey, "o ano pasado fixemos unha gran tempada, fíxose un traballo excelente, polo que a idea é seguir na mesma liña. Sabemos que vai ser unha tempada moi dura porque son moitos partidos e a preparación física e as lesións poden marcar o rumbo de calquera equipo ao que non lle sobre persoal". Sobre a nova División de Prata dixo que "será positivo para a Liga".

Con respecto ás posibilidades de ascenso do Burela, o técnico teno claro: "O ano pasado e o anterior, sobre todo, había unha necesidade maior, xa que tiñamos un cadro confeccionado para iso. Pero agora perdemos xogadores importantes, é un equipo novo e non será fácil estar aí arriba, aínda que aspiramos a quedar entre os oito mellores".

 

[+ inf. en LNFS]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores