Entrevistas
1 de xuño de 2010 La Voz de Galicia
Suso Rey: 'Debemos estar orgullosos de chegar a onde chegamos'

[...] O conxunto burelao quedou a medias na segunda eliminatoria da súa quinta tentantiva por alcanzar a División de Honra, en Puertollano, e pechou con bágoas unha tempada que, no entanto, todos lembrarán con agrado.

[...]

Para un dos principais responsables do “gran ano”, non só polo seu labor desde a banda senón tamén pola súa contribución na unión do grupo, o técnico Suso Rey, o equipo pode sacar peito polo seu comportamento durante os 10 meses de competición. “Debemos estar orgullosos por chegar a onde chegamos e polo crecemento que experimentamos como grupo e individualmente”, destacou Suso Rey, para quen as imaxes de despois do partido deixan constancia da grandeza do Burela. “Ver 17 tíos chorando e a 30 afeccionados na bancada dándoche ánimos logo de 10 horas de viaxe, faiche sentir orgulloso de pertencer a este club”, indicou.

Na opinión do preparador mariñán, o Puertollano suou “máis do que esperaba” para alcanzar a última rolda e aliouse coa fortuna en momentos puntuais dos dous últimos encontros. “Ademais -engadiu- sacou un gran partido á calidade e a experiencia de Werner e Merino”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores