Entrevistas
1 de xuño de 2010 A Mariña-El Progreso
Pardeiro: 'Valoro a valentía das xogadoras por non conformarse co empate'

O Burela FSF Pescados Rubén completou un dos mellores encontros da tempada no pavillón Vista Alegre para desfacerse dun dos grandes do panorama nacional, o Móstoles. O conxunto que adestra Javier Pardeiro tivo que sobrepoñerse dúas veces a unha desvantaxe de dous goles, 0-2 e 2-4, para acabar vencendo por un axustado 5-4.

“Amosamos unha capacidade de reacción importante, pero o que máis valoro é a valentía das xogadoras para ir polo partido e non conformarse co empate”, sinala Pardeiro, que utilizou a táctica de porteira-xogadora no tramo final. “Vin nos ollos das xogadoras que non estaban satisfeitas co 4-4 e querían máis. O gol de Lucía penso que fixo xustiza aos méritos que fixemos durante todo o partido”, asegurou.

O técnico considera que a remontada tivo máis mérito por tratarse dun rival de grande entidade, o actual campión da Copa. “Seguramente o Móstoles é o equipo máis en forma da liga, estaba intratable, pero nós soubemos xogarlle. Penso que fixemos un grande encontro e fomos superiores no cómputo global”, explicou  Pardeiro, que loou o traballo das xogadoras merece todo. Para min o feito de gañarlle ao Móstoles demostra unha vez máis que sempre damos a cara ante os mellores equipos de España. Xa lle gañamos ao Córdoba, Móstoles, Atlético de Madrid Navalcarnero, UCAM Murcia e Valladolid. Só nos queda completar unha tempada extraordinaria gañándolle ao Elxe, que nos venceu na primeira volta e na Copa, pero que ten que vir aínda ao Vista Alegre”, concluíu Pardeiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores