Entrevistas
22 de decembro de 2009 A Mariña-El Progreso
Suso Rey: 'Temos que potenciar recursos para non incomodaranos ante rivais repregados'

Tras o 2-4 do Burela FS ante o Valverde, penúltimo de grupo, o adestrador laranxa, Suso Rey, recoñece a oportunidade desaproveitada de acceder ao segundo posto. O cadro burelao finaliza a primeira volta como terceiro clasificado, con 28 puntos, por debaixo do Gijón-El Llano (29) e o Grupo de Empresas Talavera (34).

O técnico repasou xa en vídeo o ocorrido co seu equipo e cre que o partido foi mellor do que pensaba tras finalizar os corenta minutos. “Sei que non fixemos un bo encontro, pero tampouco merecemos perder”, sinala Suso Rey, que cre que todo se torceu desde o principio. “Cando un rival vén meterse diante da súa portería temos problemas e se por riba lle regalamos un gol a cousa complícase”.

Os burelaos foron sempre a remolque e non tiveron o acerto necesario á hora de finalizar as xogadas, un mal que se vén repetindo en moitos partidos. “Tirando trinta lanzamentos á portería contraria non se debe perder un partido”, asegurou o técnico, que felicitou ao meta rival polo seu excepcional traballo, “aínda que creo que houbo algunhas xogadas que puideron ser clave á hora do desenlace. Ademais do primeiro gol que encaixamos, que foi estraño, tamén houbo un penalti claro a Juampe que nos poñería por diante”, asegura.

Ante esta situación, Suso Rey reflexiona sobre a reestruturación ante rivais moi repregados. “Na casa estamos tendo problemas ante este tipo de rivais; temos que potenciar os nosos recursos e non sentirnos incómodos cando o rival se mete atrás”, explicou o preparador laranxa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores