Entrevistas
15 de decembro de 2009 La Voz de Galicia
Edu: 'A primeira volta será excelente se lle gañamos ao Valverde'

Calquera que sexa o desenlace da próxima xornada, última da primeira volta, o Burela alcanzará o ecuador do campionato regular da División de Prata no podio do Grupo Norte. Isto asegúralle o aprobado no primeiro parcial do curso, pero a nota final dependerá do seu comportamento na cita do sábado en Vista Alegre.

“A primeira volta será excelente se lle gañamos ao Valverde”, asegura o meta Edu, consciente de que un revés lles impediría mellorar a cualificación. “Estamos obrigados a gañar”, admite. Se o fan, os burelaos terían opcións de acabar segundos, posto que a xornada tamén inclúe un interesante duelo entre o Talavera e o Gijón-El Llano, os dous equipos que o superan. “Xa que non podemos acabar líderes o mellor é que empaten, así colocariámonos segundos y achegariámonos ao primeiro”, dixo Edu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores