Entrevistas
15 de decembro de 2009 A Mariña-El Progreso//Foto:C.E.
Pardeiro: 'O obxectivo non é a Copa, é a salvación'

Os tres puntos sumados ante o Rioja Diamante consolidan o Burela FSF Pescados Rubén entre os cinco primeiros da División de Honra e sitúano nunha posición privilexiada para alcanzar a súa primeira Copa de España. O cadro mariñán venceu por 4-1 ás rioxanas nun entretido encontro, no que ambas as escuadras demostraron o seu bo nivel.

A ilusión por disputar a competición entre os oito mellores de España non esperta euforia no técnico, Pardeiro, que cre que agora é cando hai que manter os pés no chan. “Ata o sábado estaba prohibido pensar noutra cousa que non fose o Diamante e agora só temos en mente o Móstoles, que é o noso próximo rival. O noso obxectivo segue sendo a salvación e unha vez que consigamos os puntos necesarios xa pensaremos noutras metas”, manifestou Pardeiro, que no entanto falou por vez primeira da Copa. “Sería un logro tremendo para este club, pero quedan catro encontros, dous deles ante Elche e Móstoles, candidatos ao título, e outro ante o dificilísimo Valladolid, polo que nos espera un calendario moi complicado”, manifestou o técnico.

O encontro ante o Diamante resultou tremendamente nivelado no primeiro tempo, aínda que as burelás impuxeron a súa calidade no segundo. [...] “Sacamos adiante un encontro ante un rival que nos apertou e afastámonos na clasificación a catro puntos. Seguimos sendo un conxunto sólido na casa e temos fases de moi bo fútbol sala”, dixo Pardeiro, que tamén quixo destacar algúns aspectos do xogo que o seu equipo soubo controlar. “A defensa ante a porteira-xogadora do rival foi exemplar e a actuación de Lola, que apenas disputara minutos, foi excelente”.

Unha das notas destacadas do encontro foi a grande entrada de Vista Alegre, algo xa habitual nos últimos partidos. Pardeiro cre que o apoio do público está sendo fundamental na traxectoria do equipo. “A afección gozou. Cada vez hai máis xente e iso é algo que as xogadoras saben valorar. Todo o mundo está vendo que os partidos de fútbol sala feminino son emocionantes e divertidos”. [...]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores