Entrevistas
30 de novembro de 2009 LNFS
Juanma: 'Estes tres puntos son importantísimos para non decolgarnos da zona alta'

O capitán do Club Deportivo Burela, Juanma, mostrou a súa alegría tras o triunfo recollido na cancha do Obras y Estructuras RAM, un rival directo esta tempada: ‘Marchamos cun bo sabor de boca despois de conseguir estes tres puntos importantísimos para non descolgarnos da zona alta; sabiamos que era moi necesario gañar aquí e o equipo soubo manexar o duelo para levar a vitoria”.

Na opinión do pivote lucense, o resultado foi xusto “porque traballamos moito, tivemos controlado o partido en todo momento e neutralizamos moi ben as súas virtudes; eles dependen moito das súas individualidades e soubemos frealas, e defendernos moi ben ante as súas acometidas”, afirmou satisfeito.

Analizando o duelo ante os leoneses, Juanma admite que a clave para levar os tres puntos a Burela estivo na paciencia: “fomos moi pacientes e gozamos de moita posesión; iso, unido á defensa, levounos ao triunfo”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores