Entrevistas
24 de novembro de 2009 La Voz de Galicia
Dani Martín e Javi Rodríguez apostan pola regularidade local como baza laranxa

Porque “cada vez é máis difícil puntuar fóra”, os xogadores do Burela FS están máis convencidos ca nunca de que os partidos en Vista Alegre resultarán determinantes na súa sorte. Por iso reducen case por completo a marxe de erro. “De aquí ao final da liga non podemos ceder moitos máis puntos. Se mantemos esta regularidade seguro que acabamos entre os mellores”, coinciden en sinalar Dani Martín e Javi Rodríguez, dous dos protagonistas do duelo ante o Avilés Oquendo do sábado pasado, no que o conxunto mariñán se impuxo por 3-2.

O ex do Bilbo anotou o tanto da vitoria, mentres que o de La Gomera foi obxecto dun penalti malogrado por Juanma. Ambos fixeron unha valoración “bastante positiva” do último compromiso en Vista Alegre. “Traballamos a tope durante os corenta minutos. É verdade que ao comezo da segunda parte cometemos varios erros puntuais que case nos custan caro, pero por xogo e ocasións de gol creo que fomos merecedores da vitoria”, apuntou Javi Rodríguez.

“Saímos con moi bo sabor de boca, máis que nada porque sacamos adiante un partido moi duro e intenso ante un rival directo e que se nos complicou ao comezo da segunda parte. A vitoria é totalmente xusta”, apuntou Dani Martín, quen considera “factible” gañar os catro partidos que restan da primeira volta: “En León será difícil gañar, pero tamén me preocupa o partido ante o Navarra, que acaba de cambiar de adestrador”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores