Entrevistas
24 de novembro de 2009 A Mariña-El Progreso
Claudia: 'Perdemos contra un rival que non quería xogar a nada'

O Burela FSF Pescados Rubén viu finalizada a súa etapa de triunfos consecutivos ao caer por 5-2 na cancha do Natudelia.com Zaragoza. A traxectoria das mariñás fíxolles gañar o respecto e a admiración do resto das escuadras da División de Honra, que xa non tratan o equipo de Javier Pardeiro como un novato, senón coma un conxunto que está loitando na zona alta da elite. […] Claudia, capitá do Burela FSF e autora do segundo tanto laranxa, amosou o seu enfado pola derrota e mostrouse moi crítica coa actitude tanto dos colexiados coma do rival.

“Persoalmente sinto rabia e frustración porque perdemos ante un equipo que non propuxo nada en todo o partido. As xogadoras locais metéronse diante da súa portería para defender e o único que facían era saír á contra e tirar dende calquera sitio”, argumentou a xogadora do Burela FSF, que recoñece que o seu equipo se sentiu “incómodo” polo acontecido.

“Os colexiados exasperáronnos porque non mediron igual aos dous conxuntos e o comportamento do adestador rival tamén foi moi triste”, asegurou Claudia, que non quixo que isto servira como escusa, pero deixou claro que “condiciounou o noso xogo”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores