Entrevistas
17 de novembro de 2009 La Voz de Galicia
Juanma: 'Cambiaría cada gol por un punto'

A grande actuación de Juanma na cancha do Gáldar canario non serviu para regresar con vitoria laranxa. Os seus tres goles non impediron a derrota: 5-3. O capitán agradece os tantos por aquilo da confianza e o prestixio persoal, pero como a gran maioría dos xogadores antepón o ben do equipo ao seu. “Cambiaría cada gol por un punto”, afirma con rotundidade.

O xogador burelista ten claras as razóns que determinaron este desenlace e asegura que o minuto 28 foi fatídico nos intereses do seu equipo. “Encaixamos dous tantos en 20 segundos e cando mellor asentados estabamos sobre a cancha. Aí estivo a clave”, explicou. Antes resumiu o desenvolvemento do choque facendo alusión a unha primeira parte “moi parella” e unha segunda similar marcada por esas “dúas accións puntuais”.

De momento, a derrota aparta o Burela dos postos que dan dereito a disputar a promoción de ascenso, aínda que a só tres puntos da terceira praza do Grupo Norte. Juanma lamenta o baixón na táboa porque “sempre é mellor estar arriba”, aínda que evita dramatizar e opta por seguir mirando ao futuro con optimismo. “Simplemente deixamos escapar unha boa oportunidade para seguir entre os mellores, pero hai que recordar que xogabamos ante un dos equipos destacados e que estamos nunha boa liña de xogo e de ánimo”, sentenciou o capitán laranxa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores