Entrevistas
3 de novembro de 2009 La Voz de Galicia
Edu: 'A derrota ante o Gijón vainos servir para saber onde estamos realmente'

O porteiro naronés Edu foi o xogador máis destacado do Burela FS na derrota ante o Gijón-El Llano, pero a súa grande actuación baixo os paus non puido impedir que os asturianos levaran a vitoria (2-3) a menos de dous segundos para o final.

O gardameta entende que sería máis xusto un empate, a teor do que mostraron ambos os equipos sobre o parqué de Vista Alegre. “En ataque non nos saíu nada, aínda que é certo que lanzamos dúas veces aos postes, pero tamén é verdade que eles estiveron case todo o partido atrás e só se aproveitaron dos nosos erros e non dun mellor xogo”, puntualizou.

Edu admitiu que marchou do pavillón “moi amolado”, a pesar do gran partido realizado. “A verdade é que me saíu un partido moi bo, pero non serviu para nada”.

De todos os xeitos, cre que o equipo está completando un bo inicio de tempada. “Estamos nunha boa liña de xogo e resultados, xa que ata o pasado sábado só perderamos en Lanzarote e foi unha derrota inmerecida», subliñou. Igualmente, considera que a derrota do outro día non é un paso atrás e que lle vai a servir ao equipo “para saber onde estamos realmente e que temos que seguir traballando como o fixemos ata agora”.

En canto á xornada de descanso que gozarán o vindeiro sábado, cre que os vai beneficiar “para que xogadores como Juanma, Minu ou Christian se recuperen dos seus problemas e collan ritmo”, pero tamén os vai prexudicar “porque non é bo descansar cando estás facendo ben as cousas”, razoou o gardameta.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores