Entrevistas
28 de outubro de 2009 La Voz de Galicia
Suso Rey: 'O liderado de momento non é tan decisivo, pero axuda a reforzarnos'

O Burela chegou ao máis alto da táboa antes do previsto. Suso Rey, o seu técnico, contaba con esta posibilidade tras o choque da próxima xornada, pero a vitoria en Illescas e o inesperado fracaso do Gijón na casa precipitaron o salto do equipo laranxa.

"Non contabamos con estar líderes tan axiña. Sorprendeume o resultado de Gijón, aínda que sabía que o Valverde podería dar unha sorpresa en calquera momento porque estaba xogando ben e só lle faltaba acerto arriba. Aínda estamos na sétima xornada, o liderado de momento non é tan decisivo, pero si é verdade que nos axuda a traballar con máis alegría e a reforzar a filosofía de traballo que estamos levando”, asegura o preparador mariñán.

-Agora tócalles defender con uñas e dentes ese primeiro posto.

-Por suposto, iso está asegurado. Entre as virtudes deste equipo están a constancia e a capacidade de sufrimento.

-Segue pensando que o Burela aínda pode mellorar?

-Si, moitísimo. A marxe de mellora é enorme, sobre todo no apartado ofensivo. Defensivamente estamos moi ben, pero tamén podemos mellorar.

-O equipo é líder e con todo a afección non responde como en anos anteriores.

-É verdade que o apoio non é coma o doutras tempadas, pero os que van animan todo o partido. Eu espero que a xente volva engancharse.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores