Entrevistas
28 de outubro de 2009 A Mariña-El Progreso//Foto:C.E.
Pardeiro: 'A ilusión medra xornada a xornada, pero a terceira praza non deixa de ser anecdótica'

O Burela FSF Pescados Rubén xa está no podio da División de Honra Feminina. Nin nos mellores soños do técnico, Javier Pardeiro, e das jugadoras laranxas aparecería un inicio de tempada como o que está realizando a escuadra mariñá, que ante o UCAM Murcia prolongou a súa sorte ata catro vitorias consecutivas, dúas de fóra e dúas na casa.

O conxunto burelao sacudiu as súas dúbidas iniciais de equipo recente ascendido cun triunfo na pista do campión, Cajasur Córdoba, e despois diso todo foron satisfaccións, impoñéndose ao Kupsa Logroño, Pinto Cellosa e UCAM Murcia. […]

A vitoria fronte ás murcianas, por 3-0, supón segundo Pardeiro “o segundo triunfo ante un candidato ao título”, algo que o enche de satisfacción e alegría. “Estou contento polo triunfo, polo xogo despregado e porque estamos trasladando á pista todo o traballo dos adestramentos”, asegurou o técnico.

Pardeiro espera que os extraordinarios resultados que está recollendo o seu equipo non orixinen unha euforia desmedida, aínda que deixa claro que ninguén lles regalou nada. “A ilusión medra xornada a xornada, pero a terceira praza non deixa de ser anecdótica. O máis importante é que xa temos doce puntos por méritos propios e que as xogadoras están facendo un gran traballo co obxectivo de seguir na mesma liña”. […]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores