Entrevistas
13 de outubro de 2009 La Voz de Galicia
Juampe viu un Burela 'con dúas caras

O Burela FS continúa nos postos altos da clasificación da División de Prata a pesar de non sumar máis ca un punto na súa saída á cancha do pechacancelas El Escorial (6-6). Esta é unha das razóns que impulsaron a Juampe, un dos destacados do equipo mariñán, a cualificar como “positivo” o empate. As outras atópaas no desenvolvemento do choque. “Puido gañar calquera, porque foi un partido tolo. Chegamos ao descanso perdendo por 2-0, encaixamos o terceiro nada máis empezar a segunda parte, a expulsión... Creo que debemos dar por bo o punto” explicou Juampe, autor de dous tantos de penalti. Ao seu xuízo, sobre a cancha madrileña viuse un Burela “con dúas caras”. “Na primeira metade estivemos bastante frouxos, non defendemos  como ante o Talavera, pero na segunda puxémonos as pilas e demostramos que temos capacidade para remontar resultados adversos”, engadiu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores