Entrevistas
6 de outubro de 2009 A Mariña-El Progreso
Dani Martín: 'Merecemos maior renda na vitoria ante o Talavera'

Unha das novidades do Burela FS nesta tempada é Dani Martín, un xogador procedente do Bilbo FS, que está deixando bo sabor de boca nos seus primeiros encontros oficiais coa camiseta laranxa. O mozo futbolista está “moi contento” cos seus primeiros meses no equipo, aínda que ve marxe de mellora na súa achega. “A xente acolleume moi ben, pero aínda estou acoplándome a unha nova forma de xogar. Espero dar moitas alegrías á afección do Burela FS”, dixo.

O xogador coincidiu co seu técnico, Suso Rey, na análise do encontro pasado, ante o Grupo Empresas Talavera, e cre que el 3-2 final foi “un tanto enganoso”, xa que “fixemos méritos para gañar con maior vantaxe”, aínda que dá por bo o triunfo. “Son tres puntos, igual ca outros, pero co plus de logralos ante un rival directo e cunhas sensacións inmellorables en canto ao xogo”.

Martín non cre que o triunfo sirva para recuperar confianza tras perder en Lanzarote, “porque temos un vestiario moi unido e todos confiamos en nós mesmos. Sabemos que se pode perder algún partido, pero tamén acabamos de demostrar que podemos estar á altura dos mellores. Todos os xogadores demos a cara e levamos á pista as directrices que marcaron Suso e Julio Delgado, os nosos adestradores”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores