Categorias inferiores
Os equipos que compoñen o Burela FS Pescados Rubén interveñen en ligas e competicións que se desenvolven en toda a comunidade autónoma e varias rexións de España, entre elas Asturias, Cantabria, Castela e León, Zamora, País Vasco, Aragón, Cataluña e Baleares. Así mesmo, o clube participa en torneos e fomenta a participación das categorías inferiores con éxito notábel en trofeos que se xogan en España e Portugal. Os equipos sub-14 e sub-17 participaron no Torneo Internacional Futnelas, en Portugal.

O club xestiona as escolas deportivas de fútbol sala en Burela, en colaboración co Concello, de fondo calado e tradición na vila, e que vinculan a multitude de familias. Ademais de contar cun equipo na categoría xuvenil, recentemente proclamado campión da Liga Nacional por segundo ano consecutivo, rapaces e rapazas de toda A Mariña compiten en categorías prebenxamín, benxamín, alevín e cadete (masculino e feminino).
Ao longo do ano, as actividades que se desenvolven arredor do club moven a máis de 200 nenos e nenas de toda a comarca, á vez que afianzan a integración familiar (pais e nais acoden ás competicións e participan da comunidade deportiva que xira arredor do clube). O Burela FS Pescados Rubén ten subscritos convenios de colaboración ou proxectos en curso con varias escolas deportivas e Concellos da Mariña como Foz, Barreiros, Lourenzá, Trabada, A Pontenova e Cervo, entre outros.

Se se ten en conta o número de familias que participan nos eventos e a masa social que se ve afectada, pódese afirmar que a estrutura deportiva do club vincula a máis de 2.000 persoas de xeito directo, e obtén representación na maior parte dos concellos mariñaos".
Prema sobre as imaxes para ampliar
Prebenxamín A Prebenxamín B Prebenxamín C Benxamín A Benxamín B Benxamín C Alevín A Alevín B Infantil A Infantil B Cadete B Xuvenil Familia 2008-09
Patrocinadores