Skip to content
  • español
Inicio arrow Presentación
Presentación PDF Imprimir Correo-e
escrito por Administrator   

Filosofía do proxecto. Obxectivos:

A nosa proposta pretende valerse da presenza e o prestixo que ao longo de anos de traballo adquiriu o CD Burela FS a nivel español e internacional no mundo do fútbol sala.

nenos e nenas das escolas deportivas do burela fs 

A entidade é hoxe un referente en xestión deportiva e pretende promover a práctica do deporte de base entre os nenos e nenas que asistan ao Campus Mixto Internacional Burela FS Pescados Rubén baseándonos nas seguintes liñas de actuación:

  1. Consolidar a práctica do fútbol sala nunha comunidade na que as escolas deportivas de Burela contan con arredor de 200 nenos e nenas vinculados/as ao Burela FS, nas diferentes categorías.
  2. Organizar encontros e sesións de traballo con profesionais de recoñecido prestixio, nacional e internacional, e traelos á Mariña para acchegar a realidade do deporte de elite aos nenos e nenas da comarca lucense, Galicia e outros países.
  3. Fomentar a práctica deportiva saudable nun contorno de igualdade, onde nenos e nenas coñezan de preto aos protagonistas e se sintan a si mesmos/as protagonistas das actividades.
  4. Divulgar aspectos de convivencia e cultura mediante a programación de visitas guiadas por diferentes lugares de interese da comarca.
 
< Anterior   Seguinte >

Top