Skip to content
  • español
Inicio
Duda: "A seriedade do proxecto burelista reflíctese dende a base"
escrito por xestion2   
Duda no Campus Mixto Internacional Burela FSO mellor adestrador de España, Eduardo Sao-Thiago Lentz ‘Duda’ (Florianópolis-Brasil, 1969), equiparou o traballo do CD Burela FS ao dos grandes clubs de Honra, na súa recente visita ao III Campus Internacional Mixto Burela FS. O técnico de ElPozo Murcia Turística, que nos últimos catro anos se proclamou tres veces campión da liga co equipo levantino, fundamentou a súa colaboración no clínic na aposta laranxa polas categorías inferiores: “A seriedade do proxecto burelista reflíctese dende a base. O seu fiel exemplo é este campus: a resposta dos nenos é moi boa e os monitores colaboran na súa educación e preocúpanse por implicalos co primeiro equipo”.
Ler máis...
 
O III Campus Mixto Internacional péchase cunha nota alta e o punto de mira no ano 2010
escrito por xestion2   
Entrega diplomas Campus Mixto Internacional 2009A entrega de diplomas puxo o punto final á terceira edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS. A concelleira de Deporte de Burela, Neves Cando, acompañou a membros da directiva e coordinadores do ‘clinic’ no acto de clausura, no que se fixo entrega dos diplomas acreditativos aos 76 rapaces e rapazas participantes na edición 2008. Desculparon a súa ausencia o presidente do club,  José Ramón González, e o alcalde, Alfredo Llano.
Ler máis...
 
Unha familia laranxa de luxo
escrito por xestion2   
Familia III Campus Burela FSNa súa segunda xornada, os 76 alumnos e alumnas do III Campus Internacional Mixto Burela FS deixaron plasmado o espírito do clínic laranxa na tradicional foto de familia, acompañados/as dun elenco de luxo. O seleccionador nacional, José Venancio; o adestrador de ElPozo Murcia Turística, Eduardo Sao-Thiago Lentz; o xogador ex-internacional Javier Orol; o técnico do Azkar Lugo e de Galicia, Bruno García; a preparadora da selección galega feminina absoluta, María Varela Bardanca; e o novo adestrador do Burela FSF e tamén seleccionador galego, Javier Pardeiro, estiveron para compartir instantánea e, sobre todo, inquedanzas futbolísticas co alumnado.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 7 de 25

Enquisas

Que che parece a nova web do campus?
 

Quen está en liña?


Top