|
escrito por Administrator
|
|
O Burela FS Pescados Rubén repite a súa aposta por consolidar a práctica deportiva na Mariña, co II Campus Mixto Internacional, presentado hoxe na casa consistorial burelesa. En torno a 60 rapaces da Mariña, Ourense e Asturias participarán nesta segunda edición, unha vintena máis que en 2007. Ao acto, que contou coa presenza do responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, o rexedor burelés, Alfredo Llano, e a concelleira de Cultura, Deporte e Benestar Social de Burela, Neves Cando, tamén asistiron o representante de Caixa Galicia Esteban Gómez, o responsable de Deportes de El Progreso-A Mariña, Suso Pena, o xerente de Living Sport, Antonio Couto, o director deportivo do club laranxa, Marcelo Santoro Neco, e o director das escolas deportivas do Burela FS, Alfonso Mera. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
O Campus Mixto Internacional de fútbol sala base Burela FS Pescados Rubén, prepara unha nova edición coa presenza de adestradores e técnicos de primeiro nivel. A cita, que terá lugar os días 16, 17, 18 e 19 de xullo, contará, entre outros/as, coa presenza de Javier Pardeiro e Bruno García (seleccionadores de Galicia), José María Pazos ‘Pulpis’ (seleccionador de Tailandia, Miguel Rodrigo (Caja Segovia), Javier Orol (Internacional con España), Javier Lorente (internacional con España), os internacionais portugueses Formiga e Israel, Julián Amarelo (técnico do Foz FSF), Marta e Ro (xogadoras do Foz FSF) ademais doutros xogadores e membros do corpo técnico do Burela FS Pescados Rubén. A organización traballa arreo para facer posible a visita do seleccionador portugués Orlando Duarte. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Administrator
|
A chegada do seleccionador nacional Javier Lozano ao I Campus Internacional Burela FS Pescados Rubén deixou unha inmellorable sensación nos nenos participantes, que esperaban con nerviosismo a aparición do home que é historia viva deste deporte, e un dos máximos representantes do fútbol sala a nivel mundial. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 7 de 11 |