Publicidade
X Pechar
Os pupilos de Juanma Marrube non puideron puntuar esta tarde en Anaitasuna. A orde e a concentración do Pescados Rubén Burela FS sucumbiron á determinación a balón parado do CA Osasuna Magna (3-1), nunha segunda xornada na que para navarros e galegos o gol foi sinónimo de estratexia. Juninho adiantou os locais no minuto 6, logo de dúas tentativas infrutuosas ante Edu, de Rafa Usín e do propio brasileiro. No 13 avisou con moito perigo Renato en contragolpe e chegou o empate no 15; a maxia do 10 laranxa igualou a contenda, de falta directa por toda a escuadra. A falta de tres para o descanso, Álex Diz enfundouse na camiseta de porteiro xogador e os locais reaccionaron do mesmo xeito nos últimos pasos da primeira parte, sen cambios no marcador. Roberto Martil, ao pau, e Mata, fronte a Asier, protagonizaron os primeiros compases do reinicio, gañando perigo, aínda que non acerto, os mariñáns. Tras saque de esquina, Mancuso devolveu a iniciativa dos locais, tras o descanso, no ecuador da segunda parte. Lucho, Juanfran e Renato dispuxeron de boas ocasións para devolver as táboas, pero foi de novo Mancuso o que atopou portería, a balón parado, para o 3-1, a falta de case catro minutos para o final. Matamoros liderou o xogo de cinco con dous aínda por diante, sen tempo para máis. Ficha técnica CA Osasuna Magna: Asier, Araça, Mancuso, E. Martel, Bynho; tamén xogaron Roberto Martil, Juninho, Rafa Usín, Íñigo Fernández, Ion Cerviño Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Renato, Pope, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Iago Míguez, Lucho, Joselito, Juanfran, Everton Goles: 1-0, minuto 5, Juninho; 1-1,minuto 15, Matamoros; 2-1, minuto 30, Mancuso; 3-1, minuto 36, Mancuso Árbitros: González Moreta // Sánchez Chamorro. Por Magna amarela a Roberto Martil . Por Burela amarela a Luisma (minuto 21). Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Primeira LNFS disputado en Anaitasuna
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS continúa con paso firme neste inicio de liga. Os tres primeiros puntos a domicilio soben á cuadrícula laranxa nesta segunda xornada nunha pista, a do Móstoles FSF (1-4), que sempre suscitou dificultade ás pupilas de Julio Delgado; con todo esta tarde chegáronlles os 11 primeiros minutos para distanciarse con catro goles. As Guerreiras encamiñaron case desde a bucina inicial a cita, cunha primeira parte excelente, de gran dominio e precisión, ante un rival que apenas xerou ocasións. Aos 9 segundos xa Ale de Paz inaugurou o electrónico de estratexia, unha vantaxe que conseguiron ampliar Jenny Lores, no minuto 2, nun roubo de presión, Lara Balseiro, no 8, nunha gran combinación, e de novo a 17 mariñá, de novo de estratexia. Con esa renda, tras o descanso baixaron un pouco a intensidade as galegas, fronte a un Móstoles que só puido ver portería na recta final, aproveitando unha perda en saída de balón que finalizou Inma. Ficha técnica Móstoles FSF: Miri, Patri Chamorro, Benete, Celia, Inma, cinco inicial; tamén xogaron Andreza, Desi Godoy, Shiori Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jane, Ale de Paz, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Cilene, Bea Mateos, Jenny, Lara Balseiro, Luci, Jozi Goles: 0-1, min. 1, Ale de Paz; 0-2, min. 2, Jenny Lores; 0-3, min. 8, Lara Balseiro; 0-4, min. 11, Ale de Paz; 1-4, min. 38, Inma Árbitros: Jorge Moreno Durán // Carlos Panadero Díaz-Concha (Madrid). Por Burela amarela Peque e Jenny Lores Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Primeira RFEF disputado en Villafontana
Ler máis
As Guerreiras Laranxas terán que loitar contra a orde do Móstoles FSF na segunda xornada de Primeira RFEF, prevista para mañá ás 18.30 horas (Villafontana). “Móstoles é sempre un rival difícil na súa pista, pero nós chegamos con ganas de seguir sumando e de mellorar porque na xornada pasada houbo fases do partido que non soubemos controlar” explicaba Peque, tras o derbi galego inaugural fronte a Poio Pescamar FSF con 4-1 para o Pescados Rubén Rubén Burela FS. “Medirémonos a un equipo moi ordenado, como é habitual, cunha xefa de orquestra como é Patri Chamorro que sempre saca o mellor das súas compañeiras e desexando ver a Shiori” analizaba a laranxa, demostrando o seu grande afecto pola xogadora xaponesa con pasado burelista. “Móstoles vén de sacar un bo empate, nunha cancha difícil e cun horario pouco habitual” destacaba a 7 mariñá do 4-4 da xornada inaugural do rival ante Zaragoza, nun inicio de liga que promete moito. A autoesixencia de Peque só permite seguir mellorando. “Aínda que non nos saíron ben as cousas a semana pasada, sacamos o partido adiante con traballo, como sempre facemos. Somos un grupo moi forte, empezamos a tempada co máis esixente, fronte a Futsi en Supercopa, e non podemos conformarnos; temos que seguir traballando e afianzando o grupo”, concluía. Convocatoria Pescados Rubén FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Jane, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 17. Ale de Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores Peque e Jenny Lores, con España Para ledicia da Familia Laranxa, esta mañá a RFEF publicou a lista da Selección Española para os amigables que enfrontarán a Vermella con Portugal en Huelva, entre o 29 de setembro e o 3 de outubro. Entre as convocadas volverá estar Peque e estréase a pontevedresa Jenny Lores.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 3ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
0 victorias | 0 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 0
Levante UD - DM
1 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 3
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
27 de setembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 21/09/2019
Industrias Santa Coloma 3 3 Jimbee Cartagena FS
ElPozo Murcia 2 1 Jaén Paraíso Interior
Levante UD - DM 2 3 Córdoba Patrimonio
Viña Albali Valdepeñas 2 2 Aspil Jumpers Ribera
FC Barcelona 4 1 Fútbol Emotion Zaragoza
Movistar Inter 1 0 Palma Futsal
CA Osasuna Magna 3 1 Pescados Rubén-Burela FS
Servigroup Peñíscola 3 2 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1FC Barcelona 6
2Movistar Inter6
3Córdoba Patrimonio6
4Industrias Santa Coloma4
5Servigroup Peñíscola4
6CA Osasuna Magna3
7O Parrulo Ferrol3
8ElPozo Murcia3
9Levante UD - DM3
10Viña Albali Valdepeñas2
11Jaén Paraíso Interior1
12Fútbol Emotion Zaragoza1
13Aspil Jumpers Ribera1
14Jimbee Cartagena FS1
15Palma Futsal0
16Pescados Rubén-Burela FS0
Goleador
Luisma
GolesXogador
1Luisma
1Matamoros
Próximo partido
Partido pertencente á 3ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
2 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 6
Majadahonda FSF/Afar 4
0 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 0
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
28 de setembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 21/09/2019
Cidade das Burgas 1 3 Roldán FSF
UCAM ElPozo Murcia 2 7 CD Futsi Atlético Navalcarnero
Pescamar Poio FS 8 2 AD Alcorcón FSF
Majadahonda FSF/Afar 4 0 0 AD Sala Zaragoza
Universidad de Alicante 1 2 Ourense Envialia
Leganés Masdeporte 6 1 Xaloc Alacant A
Bilbo FS 0 0 Penya Espluges Gironella FS
Móstoles FSF 1 4 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero6
2Pescados Rubén-Burela FS6
3Ourense Envialia6
4Pescamar Poio FS3
5Leganés Masdeporte3
6Roldán FSF3
7Cidade das Burgas3
8AD Alcorcón FSF3
9AD Sala Zaragoza1
10Móstoles FSF1
11Majadahonda FSF/Afar 40
12Penya Espluges Gironella FS0
13 Bilbo FS0
14UCAM ElPozo Murcia0
15Xaloc Alacant A0
16Universidad de Alicante0
Goleadora
Ale de Paz
GolesXogadora
2Ale de Paz
2Jenny Lores
2Lara
1Jenny
1Peque
Patrocinadores