Publicidade
X Pechar
Os pequenos/as amantes do futsal poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2019-20 a partir de mañá, martes 30, nas categorías de Chupete (2016), Biberón (2014-15), Prebenxamín (2012-13), Benxamín (2010-11), Alevín (2008-09), Infantil (2006-07) e Cadete (2004-05). Estableceranse dous períodos de matrícula con prioridade para aqueles nen@s que formaron parte da escola o curso pasado e teñen feita a preinscrición. Confirmación de praza: Do martes 30 de xullo ao luns 5 de agosto; só para o alumnado preinscrito. Novas inscricións, con prazas limitadas: Do martes 6 ao venres 30 de agosto, destinada a alumnado novo. A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org//burelafs@burelafs.org. Como novidade haberá a posibilidade de facer todo a través dunha APP da que se poderán informar con máis detalle a través de mail ou por vía telefónica (982581815). Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en novembro e febreiro, coas seguintes tarifas: Chupete Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 35 euros (Total: 120 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros) Biberón Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros) Prebenxamín-Benxamín Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 80 euros (Total: 210 euros) Alevín-Infantil-Cadete Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 72,5 euros (Total: 195 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 105 euros (Total: 260 euros) Cada alumno/a deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo: De Biberón a Cadete (165 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, roupa de adestramento (dúas camisetas e dous pantalóns curtos) e chaquetón. Chupete (55 €): Nesta categoría o alumnado tan só deberá adquirir a roupa de adestramento. As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815. Horario de atención ao público De luns a venres: 9.00-14.00 horas
Ler máis
Tan só queda 1 día para que Vista Alegre estenda a alfombra ‘laranxa’ na presentación do Pescados Rubén Burela FS no seu regreso á elite. O Torneo Burela Bonita será o escaparate para dar a coñecer o equipo de Juanma Marrube 2019-20, xunto a dous rivais cos que se verá as caras en Primeira LNFS, Palma Futsal e O Parrulo FS, e coa presenza do seleccionador nacional, Fede Vidal, na xornada inaugural. Joselito é un dos incondicionais desta cita e nesta ocasión, por fin, poderá vivila coa emoción e o corazón laranxas. “Para o equipo é un compromiso bonito ante a afección; temos que seguir coa mesma dinámica de traballo e reafirmar as boas sensacións. Para min será máis especial; estrearei este novo proxecto en Primeira contra un equipo no que medrei, no que estiven nove tempadas”, explicaba o ala andaluz, falando da súa estancia nas filas insulares, rival dos mariñáns na apertura do torneo. O 2 burelista cumprirá a súa segunda tempada na Mariña, logo da súa chegada á bisbarra como reforzo de inverno na loita polo ascenso: ”Vin no inverno para cumprir un obxectivo e conseguiuse. Cando o club me propuxo quedar, non o pensei dúas veces porque a tempada pasada estivemos moi a gusto tanto a miña familia coma min. Teño moitas ganas de facer un gran ano, tendo en conta que vai ser moi complicado” confesábase así Joselito, valorando estas semanas de inicio: “Estamos facendo un bo traballo para chegar ao 14 de setembro con garantías; xa xogamos tres amigalbes. Logo da toma de contacto en Asturias, no último, contra Movistar, un dos mellores equipos do mundo, fixemos un partido moi completo. Estamos en proceso de compenetración e as sensacións son moi boas”. Juanma Marrube contará á súa disposición con todos os efectivos, a excepción do lesionado Pitero. Domingo contra o Cancro A solidariedade reinará na última xornada do Burela Bonita, colaborando con Asociación Española contra o Cancro e a Asociación Esperanza de Burela, por mediación do ANPA Ceip Vista Alegre. A recadación do domingo, co derbi galego entre Pescados Rubén e O Parrulo FS, irá destina integramente para estas entidades. Ademais, Vista Alegre habilitará unha Fila 0 para aqueles/as afeccionados/as que desexen contribuír con algunha outra doazón. “Para nós é moi importante o apoio da afección; puiden vivir o grande ambiente de Vista Alegre nos seus mellores momentos a tempada pasada e agora pedímoslles ese respaldo en Primeira porque nos axudarán a superarnos” falaba así o andaluz da Bancada Laranxa, animando a gozar da estrea laranxa no seu mausoleo e a esta causa solidaria. Debut xuvenil O Burela Bonita tamén será o debut de 2019-20 para o equipo xuvenil laranxa, que abrirá o torneo e as xornadas dos anfitrións cos seus compromisos ás 17.30 horas, venres e domingo. Prezos Menores de 18 anos: Gratuíto Entrada diaria: 5 euros/adult@ Abono adult@ (3 días): 10 euros *Acceso GRATUÍTO a partidos de categoría xuvenil Venres 23: Palma Futsal-Pescados Rubén Burela FS 17.30 horas: Xuvenil 20.30 horas: Sénior Sábado 24: Palma Futsal-O Parrulo FS 17.30 horas: Xuvenil 20.30 horas: Sénior Domingo 25: Pescados Rubén Burela FS-O Parrulo FS 17.30 horas: Xuvenil 20.30 horas: Sénior
Ler máis
O salón de plenos consistorial acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición do Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita, que reunirá o Palma Futsal e O Parrulo FS, xunto ao Pescados Rubén Burela FS, esta semana, entre o venres 23 e o domingo 25. Vista Alegre presentará o conxunto laranxa de 2019-20 no seu regreso á elite cun cartel de Primeira nun evento que en 2019 tamén terá un fin solidario, destinado á axuda contra o cancro, e contará ademais coa presenza do seleccionador nacional, Fede Vidal. No acto participaron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, xunto ao presidente e ao vicepresidente da Familia Laranxa, Manuel Blanco e José Luis Sáez, o xogador sénior burelista Renato Lopes e o capitán xuvenil, Heurickson Gomes, ademais de Victoria Rey, representando á Asociación Esperanza contra ou Cancro de Burela, e a presidenta do ANPA Ceip Vista Alegre, Verónica Villamil. Ao longo de tres días, convivirán na Bomboneira o fútbol sala en categoría sénior e xuvenil, cunha despedida solidaria. “Burela volverá reunir un gran espectáculo deportivo este verán non só da máxima categoría, senón tamén de base, unha das nosas firmes apostas, para que poidan gozan tanto mariñáns como os numerosos visitantes que nestas datas recibe a bisbarra” coincidían en destacar Alfredo Llano e Ramiro Fernández desde o Concello, aplaudindo a vinculación do deporte con fins sociais nesta edición. Desde o club, Manuel Blanco agradeceu o compromiso municipal na continuidade dunha “cita de referencia que reúne o mellor fútbol sala todos os veráns na Mariña, que este ano ademais contará coa presenza do seleccionador nacional na súa xornada inaugural. Xunto a un dos históricos de Primeira e deste torneo, Palma Futsal, este ano poderemos gozar do derbi con O Parrulo, reafirmando por segundo ano consecutivo a proxección das nosas Xoias, en categoría xuvenil”. Victoria Rey e Verónica Vilamil agradeceron o apoio tanto do Pescados Rubén coma do Concello coas súas asociacións e animaron a todo o mundo a gozar da cita e axudar na súa loita contra esta enfermidade. Domingo contra o Cancro A solidariedade reinará na última xornada do Burela Bonita, colaborando co ANPA Ceip Vista Alegre, Asociación Española contra o Cancro e a Asociación Esperanza de Burela. A recadación do domingo, co derbi galego entre Pescados Rubén e O Parrulo FS, irá destina integramente para estas entidades. Ademais, Vista Alegre habilitará unha Fila 0 para aqueles/as afeccionados/as que desexen contribuír con algunha outra doazón. Prezos Menores de 18 anos: Gratuíto Entrada diaria: 5 euros/adult@ Abono adult@ (3 días): 10 euros Venres 23: Palma Futsal-Pescados Rubén Burela FS 17.30 horas: Xuvenil 20.30 horas: Sénior Sábado 24: Palma Futsal-O Parrulo FS 17.30 horas: Xuvenil 20.30 horas: Sénior Domingo 25: Pescados Rubén Burela FS-O Parrulo FS 17.30 horas: Xuvenil 20.30 horas: Sénior
Ler máis
“Temos un equipo para competir por todo, o cadro é plenamente consciente diso. Vexo a todas as xogadoras moi comprometidas e dispostas a deixar a alma”, así se confesaba a capitá do Pescados Rubén Burela FS, Bea Mateos, tras impoñerse na primeira cita de pretempada, onte en Marín, fronte ao Fisgón e Ourense Envialia. A 14 mariñá tivo protagonismo goleador nos dous partidos, con 3-0 fronte ás anfitrioas xunto a Luci e Jane, e 1-1 coas ourensás, con posterior vitoria para as de Julio Delgado nos penaltis: “Non é habitual en min, pero tocoume ver portería. O importante é axudar ao equipo e así fixen, así que estou contenta. Foron os primeiros minutos da pretempada sobre a pista, pero vin o equipo bastante ben, aínda que falta coller ritmo e axustarnos coas fichaxes. Para ser os primeiros partidos, acabamos con boas sensacións” explicaba a salmantina. Diante da que será a súa sétima campaña no Pescados Rubén, Bea móstrase máis motivada ca nunca: “Calquera xogadora que vén a Burela sabe que vén loitar por títulos e que aquí ten que dar o máximo ata o final, despois o desenlace xa o veremos”, apuntaba a ala-peche, deixando atrás os vellos fantamas da lesión de xeonllo que lle impediu gozar sobre o parqué os primeiros meses da tempada pasada: “É un inicio totalmente diferente; estou moi feliz de recuperarme tan ben. Puiden empezar desde o primeiro día e pretempada coas miñas compañeiras e sentirme dentro do grupo”. Bea Mateos volverá compartir vestiario co gran bloque das Raíñas, reforzadas con doses de talento galego: “Parécenme grandes fichaxes; Ale paréceme moi lista e Lores moi profesional. Ademais tamén está traballando connosco en pretempada a brasileira Jane, unha xogadora cunha grande intensidade”, reflexionaba así a capitá sobre o novo conxunto, que arrincará o espectáculo liguero o próximo 14 de setembro en Vista Alegre, con ganas de todo: “Loitaremos por todo, aínda que creo que se nos quedou a espiña da liga a tempada pasada. Para min foi doloroso quedar empatadas a puntos co campión, así que oxalá poida resarcirme”, descubría así Bea o seu anhelo máis persoal.
Ler máis
Última xornada
Partidos celebrados o 04/05/2019
Manzanares FS 4 4 Axa Ita Port Elche CF
Bisontes Castellón 0 5 ElPozo Ciudad de Murcia
Dimurol S. Tenerife 3 3 Jaén Paraíso Interior
Pescados Rubén-Burela FS 2 5 FC Barcelona B
Fútbol Emotion Zaragoza 2 2 Córdoba Patrimonio
Santiago Futsal 8 2 Soliss FS Talavera
Rivas Futsal 4 5 Noia Portus Apostoli
Real Betis Futsal 4 1 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS67
2Real Betis Futsal66
3Jaén Paraíso Interior62
4Manzanares FS56
5FC Barcelona B 54
6ElPozo Ciudad de Murcia 53
7Córdoba Patrimonio48
8Santiago Futsal45
9Rivas Futsal37
10Noia Portus Apostoli35
11Axa Ita Port Elche CF33
12Bisontes Castellón33
13Fútbol Emotion Zaragoza32
14Gran Canaria FS29
15Soliss FS Talavera29
16Dimurol S. Tenerife4
Goleador
Matamoros
GolesXogador
22Matamoros
16Renato
14Juanfran
11Pope
9Hélder
9R. Vargas
7Luisma
6Iago Míguez
6Pitero
5Lucho
4Joselito
4Porto
2Edu
Última xornada
Partidos celebrados o 01/06/2019
AD Sala Zaragoza 2 2 Guadalcacín
UCAM Murcia 2 6 Pescamar Poio FS
Viaxes Amarelle F.S. 0 5 Jimbee Roldán FSF
AD Alcorcón FSF 0 2 CD Futsi Atlético Féminas
Ourense Envialia 2 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Leganés Masdeporte 2 1 Móstoles FSF
Universidad de Alicante 5 0 Penya Espluges Gironella FS
Femisport *Sancionado con -3 puntos 1 6 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1CD Futsi Atlético Féminas84
2Pescados Rubén-Burela FS84
3Ourense Envialia57
4Jimbee Roldán FSF56
5AD Alcorcón FSF55
6Universidad de Alicante53
7Pescamar Poio FS53
8Penya Espluges Gironella FS47
9UCAM Murcia44
10Móstoles FSF39
11Majadahonda FSF/Afar 431
12Leganés Masdeporte27
13AD Sala Zaragoza24
14Guadalcacín22
15Viaxes Amarelle F.S.19
16Femisport *Sancionado con -3 puntos1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
23Peque
20Dany
14Cami
13Luci
12Cristina
11Cilene
8Jenny
8Lara
6Alves
6Bea Mateos
1Jozi
1Popó
Patrocinadores