Publicidade
X Pechar
Os pupilos de Juanma Marrube recuperaron a vitoria como locais cunha festa goleadora na visita do novel Colo Coco Zaragoza (8-3), na décima xornada, para seguir á fronte de Segunda LNFS. Ante un rival incómodo o Pescados Rubén Burela tirou de efectividade na primeira parte para adiantarse ata o 3-0, aínda que esa vantaxe creoulle certa confusión tras o descanso para seguir o plan inicial de seriedade e concentración. Os visitantes aproveitaron para ir aproximándose no electrónico e neses momentos os mariñáns tamén souberon ter a calma e reacción necesaria para non ceder en exceso, economizando ademais o catro para cinco nos minutos finais. R. Vargas adiantou os mariñáns no minuto 3, deixando sentando o meta maño ao bordo da área tras pase de Pope. Antes, no 2, fora precisamente o 14 laranxa. A Pitero, no 9, fóiselle demasiado alto o oportuno pase de Luisma, pero o 2-0 non se fixo esperar; Matamoros saltou á pista para asinalo desde a banda nunha tentativa de centro que tocou en Mese. Os burelistas conseguiron frear o maior perigo visitante ata o momento, no 12, coa alianza entre Edu e Renato para despexala. Na recta final, antes do descanso, os de Juanma Marrube, especialmente Matamoros, asediaron en tromba a rede maña. E foi precisamente o 10 burelista o encargado de subir o 3-0 de penalti tras man de Diego Pardo faltando 46 segundos da primeira parte. Juanfran, con 32 segundos por diante, a punto estivo de ver o cuarto local. Os de Alfonso Rodríguez puideron reducir distancias no reinicio, no 22, con Trasobares, grazas a unha rápida transición. Tan só dous minutos despois, Pope subiu o 4-1 en balón parado de Mata, tras ver a amarela Sampedro. Os visitantes volveron achegarse no 27 nun pase longo que materializou Muniesa de cabeza. Tan só un minuto despois Edu freou a Carlos García e Hélder aproveitou a oportunidade para subir o 5-2. Entrou nun ritmo frenético o encontro, con recuperación de Colo Colo que puido sentenciar, nesta ocasión si, Carlos García. A resposta dos laranxas non se fixo esperar e foi en forma de gol, cun disparo raso de Juanfran. Con máis de catro minutos por diante, os maños apostaron con xogo de cinco; así o sétimo dos mariñáns chegou a porta baleira, de Hélder. Os de Juanma Marrube tamén responderon con R. Vargas como porteiro xogador. Edu, a falta de 1’31”, asinou o definitivo 8-3, de novo coa rede baleira. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Juanfran, Lucho, Pitero, Matamoros, Porto Colo Colo Zaragoza: Basmalís, Fran, Muniesa, Víctor Berges, Carlos García, cinco inicial; tamén xogaron Trasobares, Pasamón, Zucho, Mese, Sampedro, Diego Pardo Goles: 1-0, minuto 3, R. Vargas; 2-0, minuto 9, Matamoros; 3-0, minuto 20, Matamoros (penalti); 3-1, minuto 22, Trasobares; 4-1, minuto 24, Pope; 4-2, minuto 27, Muniesa; 5-2, minuto 29, Hélder; 5-3, minuto 30, Carlos García; 6-3, minuto 31, Juanfran; 7-3, minuto 36, Hélder; 8-3, minuto 39, Edu Árbitros: Calleja Rubio // Hevia Campa (Asturias). Por Zaragoza amarela para Sampedro (minuto 24) Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante unhas 800 persoas, coa presenza do presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano.
Ler máis
O novel Colo Colo Zaragoza chega mañá ao mausoleo laranxa para medirse ao líder de Segunda LNFS na xornada 10 (18.30 horas). No regreso a Vista Alegre, o Pescados Rubén buscará non só manter a súa imbatibilidade senón tamén recuperar a vitoria como local. “Vai ser complicado, levamos toda a semana traballando e concienciados de que é un partido importante para volver gañar na casa, tras o empate de Manzanares (2-2)” explicaba a Xoia Laranxa máis nova, Christian Rivas, Pitero, que tamén facía fincapé na relevancia da xornada por outros enfrontamentos da zona alta, entre o Betis Futsal (19 puntos) e o Talavera (18 puntos): “Tamén se miden o segundo e terceiro clasificados, así que se podemos sacar vantaxe será aínda mellor”, facía así referencia o burelao a apertada vantaxe dos mariñáns, con 21 puntos. O conxunto maño chega na duodécima praza e tras a derrota fronte ao Betis. “Temos que manter a nosa liña de traballo e de xogo, sendo serios de principio a fin, e non cometer erros xa que é un rival que se aproveita moito diso” advertía o 9 laranxa dun Colo Colo que está sendo mellor como visitante ca como local; dos seus 9 puntos, 6 conseguiunos a domicilio, fronte a Gran Canaria (2-3) e Tenerife (3-5), nas xornadas 4 e 8. “A defensa é o noso gran sustento e a partir de aí o ataque chega só; temos que seguir así e intentar non coñecer a palabra derrota”, puntualizaba Pitero na súa primeira tempada como xogador sénior: “Estou moi feliz, Juanma estame dando a súa confianza e eu intento aproveitalo para seguir aprendendo, ademais estou tendo fortuna nos goles. Tan só espero seguir así para axudar en todo o que poida ao equipo”, recoñecía o ala-pivote, que coas dúas dianas do triunfo ante Rivas (2-5) da semana pasada xa leva 5, empatado con Matamoros e Pope, e por detrás dos 6 do pichichi,Juanfran. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Lucho, 5. Luisma, 7. Porto, 9. Pitero, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 23. Imanol, 30. Hélder Convocatoria Colo Colo Zaragoza: 2. Diego Pardo, 5. Fran Tabuenca, 7. Juan Muniesa, 8. Daniel Meseguer, 9. Adán Fonfría 'Zucho', 10. Víctor Berges, 11. Alejandro Pasamón, 13. Guillermo Vela, 16. Santi Basmalís, 18. Carlos Sampedro, 21. Carlos García, 22. Pablo Trasobares
Ler máis
O segundo duelo galego da primeira volta para as Guerreiras Laranxas volverá ser a domicilio, na pista do Poio Pescamar FSF. O pavillón da Seca acollerá a xornada 8 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo ás 18.30 horas, entre o liderado burelista, con pleno de vitorias, e a sétima praza das pontevedresas, con emisión a través da web de Televisión de Galicia. “Os derbis sempre son partidos moi competidos e Poio é un rival que na súa casa é moi duro de bater. Esperamos un encontro moi complicado que se decidirá por pequenos detalles” explicaba a viveirense Lara Balseiro, facendo referencia ao enfrontamento de pretempada entre ambas as escuadras: “O partido de presentación do Poio, en setembro, xa se decidiu por pequenas cousas e nos minutos finais (1-3). É un equipo que ten xogadoras moi habilidosas que nos obrigarán a estar concentradas os corenta minutos e a dar todo de nós para continuar con esta boa racha” advertía a 10 burelista, destacando tamén o bo comezo do Poio, que recibirá as da Mariña con 12 puntos e tan só 5 xornadas disputadas, nunha excelente traxectoria que soamente o actual campión puido parar ata o momento: “Está facendo moi boa tempada, só perdeu puntos en Roldán, a semana pasada, que tamén é unha cancha moi difícil”. “A nosa máxima é sempre mellorar, día a día, independentemente do rival. A semana pasada, con Penya Esplugues (3-0), fixemos un bo partido, pero non valerá de nada se este sábado non facemos o mesmo. Queremos medrar xornada a xornada para poder seguir sendo líderes, ata o final”, concluía Lara. As internacionais Peque e Luci incorporaranse esta tarde ao traballo do equipo, tras a concentración coa Selección Española en Níjar, con dous compromisos ante Rusia; a coruñesa Luci non puido xogar por unha escordadura de nocello nos adestramentos previos aos amigables. Bea Mateos e Cami continúan cos seus procesos de recuperación. Mañá, a escuadra mañá pechará a preparación da semana ás 11.00 en Marzán.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 11ª xornada
Soliss FS Talavera
6 victorias | 0 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 18
Pescados Rubén-Burela FS
7 victorias | 3 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 24
Cancha de xogo:
Primero de Mayo
Data:
24 de novembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 17/11/2018
ElPozo Ciudad de Murcia 6 4 Axa Ita Port Elche CF
Gran Canaria FS 7 6 Santiago Futsal
Software DELSOL Mengíbar 7 2 FC Barcelona B
Dimurol S. Tenerife 2 6 Itea Córdoba
Real Betis Futsal 2 0 Soliss FS Talavera
Manzanares FS 5 2 Rivas Futsal
Pescados Rubén-Burela FS 8 3 Colo Colo Zaragoza
Bisontes Castellón 5 4 Noia Portus Apostoli
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS24
2Real Betis Futsal22
3Manzanares FS21
4Software DELSOL Mengíbar20
5ElPozo Ciudad de Murcia 19
6Soliss FS Talavera18
7Itea Córdoba17
8FC Barcelona B 15
9Axa Ita Port Elche CF15
10Bisontes Castellón13
11Gran Canaria FS11
12Colo Colo Zaragoza9
13Noia Portus Apostoli8
14Santiago Futsal7
15Rivas Futsal7
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Juanfran
GolesXogador
6Juanfran
5Matamoros
5Pitero
4Pope
4Renato
3Luisma
3Porto
2Hélder
2Lucho
1Edu
Próximo partido
Partido pertencente á 9ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
8 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 24
Majadahonda FSF/Afar 4
3 victorias | 1 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 10
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
24 de novembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 17/11/2018
CD Futsi Atlético Féminas 11 1 Guadalcacín
Penya Espluges Gironella FS 3 2 Leganés Masdeporte
Universidad de Alicante 5 1 Femisport Palau Club
Majadahonda FSF/Afar 4 5 3 Jimbee Roldán FSF
UCAM Murcia 4 0 Viaxes Amarelle F.S.
Ourense Envialia 3 1 AD Sala Zaragoza
AD Alcorcón FSF 4 7 Móstoles FSF
Pescamar Poio FS 2 4 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS24
2CD Futsi Atlético Féminas20
3Penya Espluges Gironella FS19
4Ourense Envialia18
5AD Alcorcón FSF15
6Jimbee Roldán FSF14
7Universidad de Alicante13
8UCAM Murcia13
9Pescamar Poio FS12
10Móstoles FSF11
11Majadahonda FSF/Afar 410
12Leganés Masdeporte5
13Guadalcacín3
14AD Sala Zaragoza1
15Femisport Palau Club0
16Viaxes Amarelle F.S.0
Goleadora
Cristina
GolesXogadora
7Cristina
7Dany
3Jenny
3Lara
3Luci
2Alves
2Cilene
1Peque
Patrocinadores