Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS puxo esta mañá o broche á xornada 17 ao grande, rompendo a imbatibilidade local do impoñente ElPozo Ciudad de Murcia (4-5). Os pupilos de Juanma Marrube gañaron, con intelixencia, a guerra imposta polos murcianos; conseguiron levar os tres puntos cun gol de Renato a catro segundos da bucina final en superioridade, nunha cita na que chegaron a dispoñer dunha renda de 1-4, con remontada dos de Josán González na recta final con porteiro xogador. Os galegos souberon como facer moito dano desde a defensa, aproveitando as perdas de inicio, fronte a un rival que empezou con gran dinamismo. Luisma púxose por diante no minuto 8. Chemi evitou o que podería ser o 0-2 para os laranxas nas proximidades do ecuador da primeira parte e ElPozo logrou igualar a contenda, no 11, con Cámara, a pase de Álex García. Sen tregua o Pescados Rubén deu un golpe de autoridade axiña, con diana de Chus e Héctor ampliou a fenda no 17 para recibir o tempo de descanso, con tranquilidade, co 1-3. Regresaron os de Juanma Marrube á pista moi finos. Nos primeiros compases Pope asinou o 1-4. No 31 ElPozo foi a por todas con xogo de cinco, marcado por Josema. Así os locais puideron recortar distancias, no 33, cun disparo que pegou en Luisma antes de pasar a liña de meta. Era o 2-4 e Juanma tamén optou por Chus como porteiro-xogador para manter a pelota, aínda que non atopou a posesión desexada. Edu saltou á pista para desartellar o penalti lanzado por Darío, tras man de Luisma; restaban aínda 5 minutos para o desenlace, con tensión e revolucións ‘in crescendo’ sobre a pista. Yera liderou a aposta de cinco na recta final na busca da remontada e conseguiuno, con boa saída; en tan só 24 segundos puxo táboas 4-4, con Paniagua e Álex García; quedaban 1’11” para a bucina final e a emoción cobrou máis intensidade coas expulsións, por segunda amarela, de Jose Mario (minuto 39) e Alberto García (a falta de 13 segundos). Pescados Rubén aproveitou a súa superioridade con Renato a tan só 4 segundos para anotar o definitivo 4-5, levar os tres puntos rompendo a imbatibilidade local do titánico ElPozo. Ficha técnica ElPozo Ciudad de Murcia: Chemi, Cámara, Darío, Gilbert, Álex García, cinco inicial; tamén xogaron Paniagua, Josema, Alberto García, Yera, Cobarro, José Mario Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Chus, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Héctor, Luisma, Colacha, Edu Goles: 0-1, minuto 8, Luisma; 1-1, minuto 11, Cámara; 1-2, minuto 12, Chus; 1-3, minuto 17, Héctor; 1-4, minuto 21, Pope; 2-4, minuto 33, Luisma (p.p.); 3-4, minuto 39, Paniagua; 4-4, minuto 39, Álex García; 4-5, minuto 40, Renato Árbitros: Bustos Caparrós // Ugarte Ruiz (Andalucía). Por ElPozo amarela a Gillamón, Darío, Josema e Chemi; dobre amarela a José Mario (expulsión, 39) e Alberto García (expulsión, 40). Por Burela amarela a Renato, Héctor, Luisma, Víctor, Álex e Colacha Incidencias: Partido correspondente á xornada 17 de Segunda LNFS, disputado no pavillón José María Gagigal.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS non puido dar continuidade á súa boa estrea de ano, cun resultado positivo no final da primeira volta. O Ciudad de Alcorcón superou por 6-1 ás galegas, sobre as que o 3-0 da primeira parte supuxo demasiado lastre. As madrileñas fixeron moito dano sobre as filas burelistas executando nas súas dúas primeiras chegadas a portería. Non empezou da mellor forma a cita en Los Cantos para as mariñás; a mala fortuna aliouse contra os intereses das laranxas, que encaixaron un gol en propia porta xa no minuto e medio de xogo, nun pase cara atrás que pegou en Cilene. No 14, Desi aproveitou un balón na área galega para subir o 2-0. A bucina do descanso soou con vantaxe de 3-0 para as locais; no 15, Anita Luján cazou o rexeite do dobrepenalti de Sila para sentenciar. Nos últimos minutos, o xogo de cinco das galegas dispuxo de grandes ocasións, cunha sublime Dany á que hoxe tampouco a acompañou a sorte, fronte a unha sólida Belén de Uña. O conxunto de Julio Delgado e Lucas saltou de novo á pista disposto a arriscar con porteira xogadora xa de inicio para neutralizar o lastre de 3-0. A galega Vane Sotelo asinou o cuarto, a pase de Irene, no 25. Os minutos foron pasando e nas galegas tamén empezou a facer dano o cansazo, pola acumulación de minutos dalgunhas xogadoras, acentúandose certos erros individuais, e sen a presenza de Sara e Julia nesta segunda parte. Así, Anita Luján volveu aparecer para anotar o 5-0 desde propia pista, no 35. O Pescados Rubén, sen deixar de loitas, conseguiu mitigar o marcador en contra segundos despois coa incansable Dany, un gol que non atopou sucesores e a falta de 2 minutos, Vane Sotelo volveu ver portería, revolvéndose na área mariñá, co definitivo 6-1. Ficha técnica Ciudad de Alcorcón FSF: Belén, Isa García, Sara Sanz, Desi, Irene Samper, cinco inicial; tamén xogaron Anita Luján, Ana Rivera, Vane Sotelo, Sila, Aida, Pipi Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Tai, Julia Forsiuk, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Judith, Lara, Cami, Sara Goles: 1-0, minuto 2, Cilene (p.p.); 2-0, minuto 14, Desi; 3-0, minuto 15, Anita Luján; 4-0, minuto 25, Vane Sotelo; 5-0, minuto 35, Anita Luján; 5-1, minuto 35, Dany 6-1, minuto 38, Vane Sotelo Árbitros: De Diego Sánchez, Daniel // De Diego Sánchez, Miguel (Colexio Madrileño). Por Burela, amarela a Bea Mateos (minuto 25) e Cilene (33). Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Primeira RFEF disputado no pavillón Los Cantos.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS poñerá a proba a solidez local do impoñente ElPozo Ciudd de Murcia este domingo (pavillón José María Cagigal, 12.30 horas), que recibe os laranxas na 17ª xornada desde a segunda praza con 33 e empatado co líder, o outro filial dos grandes, FC Barcelona B Lassa. Os pupilos de Juanma Marrube xa saben o que é gañar aos levantinos, impuxéronse 3-0 en Vista Alegre no arranque da primeira volta, pero agora preséntaselles unha tarefa máis complicada, romper a imbatibilidade dun equipo que só cedeu 1 punto na súa casa, fronte a Prone Lugo (3-3), na xornada 10. Tras o meritorio empate con Valdepeñas (3-3) no comezo da segunda volta, os laranxas afrontan a cita moi conscientes da dificultade do compromiso: “Preséntase duro, como todo o mes de xaneiro. Antes de Nada fíxose unha pequena minipretempada, bastante dura, para chegar ben a este mes” explicaba Chus, que abriu o marcador na cita de Vista Alegre a semana pasada, que mantén o Pescados Rubén na sexta praza (27 puntos). “Vannos esixir moitísimo pero nós tamén lles imos poñer as cousas difíciles para traer a Burela algo positivo. É un rival coa mesma filosofía que o de Primeira División; Josán González, ao cargo de toda a base, ten os equipos moi traballados. Parte dos seus xogadores están adestrando co primeiro equipo e moitos disputaron minutos, polas lesións que tiveron esta tempada” adiantaba o ala salmantino, admitindo tamén certas faíscas de idoneidade no rival para a xogo burelista: “Pode ser un rival bo para a nosa forma de defender. Aquí fixémonos fortes en defensa e fomos moi efectivos nas ocasións de finalización” puntualizaba o 7 mariñán. “Xogamos fóra da casa e teremos que presentar un partido moi serio; xornada tras xornada estase demostrando a igualdade da categoría e creo que este será outro encontro que se decidirá por pequenos detalles”, así facía a lectura previa do encontro Chus, vendo a equipos co 100% de motivación sobre a pista: “A súa máxima motivación é o primeiro equipo, por iso nunca baixan a garda. Nese aspecto non nos gañarán porque, tal e como expoñemos a segunda volta, nós temos que ir sacar os tres puntos; só así conseguiremos mellorar os números da primeira volta”. O equipo partirá esta noite, ás 21.30; concluirá a súa preparación mañá, xa en Murcia, cunha sesión prevista para as 12.30 horas. Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 16. Pitero, 20. Héctor Cuartos de Copa Galicia O Pescados Rubén Burela FS visitará a pista do Noia Portus Apostoli o martes 6 de febreiro (21.00 horas) para disputar cuartos de Copa Galicia. Xa ten o billete para semifinais O Esteo tras impoñerse a Sport Sala Culleredo o 13 de xaneiro por 2-5. Os outros enfrontamentos estarán protagonizados por Sala Ourense-O Parrulo (26 de xaneiro, 21.00 horas) e Pizarras Loss Tres Cuñados-Santiago Futsal (10 de febreiro, 18.30 horas).
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 18ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
9 victorias | 3 empates | 5 derrotas
Puntos acumulados: 30
Itea Córdoba
8 victorias | 3 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 27
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
27 de xaneiro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 20/01/2018
FC Barcelona B 4 0 Elche CF
Itea Córdoba 10 1 Manzanares FS
Prone Lugo AD 2 6 CD UMA Antequera
FS Valdepeñas 2 3 Software DELSOL Mengíbar
Bisontes Castellón 3 8 Puertollano FS
Tenerife Iberia Toscal 4 5 Rivas Futsal
ElPozo Ciudad de Murcia 4 5 Pescados Rubén-Burela FS
Noia Portus Apostoli 2 3 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1FC Barcelona B 36
2ElPozo Ciudad de Murcia 33
3Puertollano FS32
4CD UMA Antequera32
5FS Valdepeñas32
6Pescados Rubén-Burela FS30
7Real Betis Futsal29
8Itea Córdoba27
9Software DELSOL Mengíbar27
10Rivas Futsal26
11Bisontes Castellón25
12Manzanares FS15
13Elche CF14
14Noia Portus Apostoli13
15Prone Lugo AD7
16Tenerife Iberia Toscal6
Goleador
Matamoros
GolesXogador
13Matamoros
12Luisma
8Renato
7Jesús Blázquez Pacheco
6Hélder
5Pope
3Colacha
3Víctor
2Héctor
1Edu
1Sergio Cora
Próximo partido
Partido pertencente á 16ª xornada
Majadahonda FSF/Afar 4
5 victorias | 2 empates | 8 derrotas
Puntos acumulados: 17
Pescados Rubén-Burela FS
11 victorias | 1 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 34
Cancha de xogo:
La Granadilla
Data:
3 de febreiro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 20/01/2018
Majadahonda FSF/Afar 4 3 2 Leganés Masdeporte
UCAM Murcia 4 3 Pescamar Poio FS
Universidad de Alicante 2 2 Jimbee Roldán FSF
Guadalcacín 1 5 Ourense Envialia
Penya Espluges Gironella FS 1 0 Móstoles FSF
CD Futsi Atlético Féminas 6 0 VP Soto del Real
Cidade de As Burgas 4 2 Cádiz Polideportivo FSF
AD Alcorcón FSF 6 1 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1CD Futsi Atlético Féminas40
2Universidad de Alicante35
3Pescados Rubén-Burela FS34
4Jimbee Roldán FSF33
5AD Alcorcón FSF32
6Ourense Envialia26
7Pescamar Poio FS24
8UCAM Murcia24
9Penya Espluges Gironella FS21
10Leganés Masdeporte19
11Majadahonda FSF/Afar 417
12Móstoles FSF15
13Guadalcacín11
14Cidade de As Burgas5
15VP Soto del Real5
16Cádiz Polideportivo FSF2
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
16Cilene
15Lara
11Dany
8Julia
6Bea Mateos
4Tai
2Sofía
1Judith
Patrocinadores