Publicidade
X Pechar
As Guerreiras Laranxas conseguírono, recuperan o máximo recoñecemento irmandiño tras impoñerse na gran final ao Ourense Envialia (0-3), esta mañá no Palacio dos Deportes de Riazor na Coruña. Así, a XIII Copa Galicia Feminina convértese no quinto cetro para o Pescados Rubén Burela FS, engalanando a súa vitrina cos galardóns de 2009, 2010, 2014 e 2015; Bea Mateos, lucindo o 5 da recentemente operada Cris, recibiu o trofeo de mans do presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e de Roberto García, xefe de Deportes da Xunta de Galicia na Coruña. O Pescados Rubén Burela optou por tomar a iniciativa co balón cunha gran presión ourensá. Dany, roldando o minuto 6, dispuxo nas súas zapatillas da primeira con gran perigo, a pase de Cilene, pero evitouna María de Val. Antes Candela avisara a Ana Romero. Peque adiantou as mariñás a falta de 54 segundos para o ecuador da primeira parte; o disparo da 7 burelista desde saque de banda tocou en Chiqui e desorientou a María de Val. Candela e Chiqui, en recuperación, protagonizaron as mellores das de Morenín para igualar a contenda, no minuto 16, pero o tándem Dany-Peque estaba disposto a atopar unha nova diana antes do tempo de descanso para reflectir no luminoso a comodidade demostrada no parqué. Así foi, Dany aproveitou un erro de pase de Sara Moreno para servirlla en galopada a Peque, aínda que se foi por pouco. A internacional española non deixou marxe de erro na seguinte ocasión (minuto 17), de novo a pase da 3 burelista, entrando co esférico baixo paus. María de Val evitou o terceiro das de Julio Delgado e Lucas, no 18, cun gran remate de Cami. Chegou entón, a falta de 1’42” para o descanso, a decisión das ourensás, apostando por porteira xogadora, coa ex das mariñás Judith, sen excesivo perigo. Envialia regresou á pista de novo con xogo de cinco, con Marta e máis tarde con Laura Doce. Cami, no 22, tivo a de ouro para romper definitivamente o partido, pero estrelouse contra o pau na rede de Vane. Judith puido devolver as ourensás na pugna pola final no minuto 27, nunha recuperación roldando a área laranxa, pero marchou desviada. Respondeu avisando de novo o Pescados Rubén, acto seguido, con Jenny a porta baleira. Volveu perdoar o Burela no 30, con Dany. No 32, Candela evitou de novo o terceiro, sen porteira, a tentativa de Dany. No 37, volveu facer acto de presenza a 3 mariñá, en galopada fronte a Chiqui. O terceiro máis que merecido anotouno, segundos despois, por fin, Luci, nun gran pase de Cilene. Ata antes da bucina, Dany volveu protagonizar un man a man con Vane, que desartellou o cuarto. Cidade, campión en Minicopa Na categoría infantil, o Cidade das Burgas alzouse co título da II Minicopa tras vencer na final ao Viaxes Amarelle FSF (2-0). Ficha técnica Ourense Envialia FSF: María de Val, Chiqui, Marta, Judith, Sara Moreno, cinco inicial; tamén xogaron Candela, María Estévez, Bea Seijas, Laura Doce, Idoya, Vane Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Cami, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Jenny, Bea Mateos, Lara Balseiro, Popó, Jozi Árbitros: Manteiga Rodríguez // Nóvoa García (Galicia). Por Ourense amarela para Idoya (minuto 12). Por Burela amarela a Jenny (minuto 13) Goles: 0-1, minuto 10, Peque; 0-2, minuto 17, Peque; 0-3, minuto 37, Luci Incidencias: Partido correspondente á final de XIII Copa Galicia Feminina disputado en Riazor (A Coruña) ante uns 400 espectadores. A entrega de trofeos contou coa presenza de Rafael Louzán, presidente da RFGF; Juan Luis Villamisar, vicepresidente da RFGF; José Manuel Sande, concelleiro de Deportes da Coruña; Jacinto Artigas, presidente do CGAFS; Pablo Prieto, presidente do Comité Galego de Fútbol Sala da RFGF; Pilar López Rioboo, subdelgada do Goberno da Coruña; Roberto García, xefe de Deportes da Xunta de Galicia na Coruña; Manuel Blanco, presidente do Pescados Rubén Burela FS; Manuel Rodríguez, directivo do Ourense Envialia FSF, e Severino Amarelle, presidente do Viaxes Amarelle FSF.
Ler máis
O Vista Alegre das grandes citas non defraudou no inicio da Tarde Laranxa. As máis de 1200 persoas que asolagaron de laranxa as bancadas da Bomboneira levaron en voandas o Pescados Rubén Burela FS para converter o soño de regresar a Primeira nunha gran xesta. Os pupilos de Juanma Marrube xa son lenda na historia da bisbarra e da provincia de Lugo, co primeiro ascenso deportivo á elite da Liga Nacional de Fútbol Sala. No derbi irmandiño fronte ao Noia Portus Apostoli houbo de todo: dominio local, iniciativa goleadora visitante na primeira parte e toma e daca de dianas na segunda para finalizar en empate, 3-3. O xusto e preciso. Cun Vista Alegre repleto coas súas mellores galas, comezou un duelo galego de rivalidade absoluta e compases iniciais de tenteo, aínda que cos laranxas sen deixar de buscar portería, con dominio local e demasiada recompensa para os visitantes. Lucho viviu a mellor ocasión no minuto 13, cunha recuperación de Joselito, pero Brais fixo acto de presenza cun pé provindencial. Xa avisaran tan só un minuto antes Renato, desde balón parado de Mata, e Hélder, a piques de coala desde a banda por baixo do meta do Noia; e antes do ecuador, Luisma, cun balón alto, en contra de Renato. O mariñán Brais, defendendo a rede noiesa, salvou na recta final a tentativa de R. Vargas en saque de esquina de Joselito. Pero aínda quedaba tempo e aproveitárono os visitantes adiantándose a 37 segundos para o descanso en xogada ensaiada finalizada por Pizarro a pase de Palmas. Renato protagonizou un gran golpeo que volveu salvar Brais. Tan só 57 segundos da segunda parte fixéronlle falta ao Pescados Rubén Burela FS para igualar a contenda desde córner de Pope para selar a denominación de orixe, cento por cento laranxa, de Renato. Regresaron os pupilos de Juanma Marrube para asfixiar o rival. O segundo local chegou nas zapatillas doutra Xoia, Hélder, á escuadra, desde córner de R. Vargas (minuto 24) e Matamoros a punto estivo de subir o terceiro segundos despois. Vista Alegre viviu un minuto de vertixe no 25; Noia puxo táboas, de novo grazas a Pizarro, desde banda, pero Matamoros tan só en 17 segundos volveu adiantarse nunha perfecta execución. Nun derbi irmandiño non apto para cardiacos, Noia tomou a revancha no 28, co 3-3, de Quilez. Iago Míguez, nun pase espectacular de Lucho e con definición case perfecta do fillo pródigo, a punto estivo en converterse no cuarto laranxa chegando ao minuto 32. Xa cantaba a Bancada Laranxa neses momentos 'Campións, Campións' ao coñecer o final entre ElPozo e Mengíbar con empate (2-2). Nuns compases máis acougados e sen cesar en perigo o Pescados Rubén Burela FS Matamoros volveu protagonizar un precioso remate que non entrou por uns milímetros. Restaban aínda cinco por diante. R. Vargas cruzouna para Lucho, no 37, pero non sorprenderon a Brais. A recta final foi un estalido e éxtase para unha comarca que volve a Primeira tras unha tempada para enmarcar. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Renato, Pope, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Lucho, Juanfran, R. Vargas, Matamoros, Luisma Noia Portus Apostoli: Brais, Palmas, Javaloy, Colorado, Uri, cinco inicial; tamén xogaron Marci, Quilez, Pizarro, Antoñito Goles: 0-1, minuto 20, Pizarro; 1-1, minuto 21, Renato; 2-1, minuto 24, Hélder; 2-2, minuto 25, Pizarro; 3-2, minuto 25, Matamoros; 3-3, minuto 28, Quilez Árbitros: Carreira Romero // Ferrero Carballal (Galicia). Por Burela amarela a Lucho (minuto 31) Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre con aforo completo, coa presenza da seleccionadora nacional Claudia Pons; o responsable de fútbol sala da RFGF, Pablo Prieto, o presidente do CGAFS, Jacinto Artigas; o deputado de Deportes de Lugo, Pablo Rivera; o deputado de Medio Rural de Lugo, Lino Rodríguez; ademais do presidente do CD Lugo, Tino Saqués, ou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, entre outros.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 29ª xornada
Axa Ita Port Elche CF
9 victorias | 2 empates | 17 derrotas
Puntos acumulados: 29
Pescados Rubén-Burela FS
20 victorias | 7 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 67
Cancha de xogo:
Esperanza LAG
Data:
26 de abril de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 13/04/2019
Real Betis Futsal 4 0 Axa Ita Port Elche CF
Colo Colo Zaragoza 3 7 Santiago Futsal
ElPozo Ciudad de Murcia 2 2 Software DELSOL Mengíbar
Dimurol S. Tenerife 2 7 FC Barcelona B
Manzanares FS 2 3 Córdoba CF Futsal
Rivas Futsal 6 3 Soliss FS Talavera
Pescados Rubén-Burela FS 3 3 Noia Portus Apostoli
Bisontes Castellón 4 2 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS67
2Real Betis Futsal60
3Software DELSOL Mengíbar58
4Manzanares FS55
5FC Barcelona B 51
6ElPozo Ciudad de Murcia 50
7Córdoba CF Futsal44
8Santiago Futsal39
9Rivas Futsal37
10Bisontes Castellón33
11Noia Portus Apostoli29
12Soliss FS Talavera29
13Axa Ita Port Elche CF29
14Colo Colo Zaragoza28
15Gran Canaria FS26
16Dimurol S. Tenerife3
Goleador
Matamoros
GolesXogador
21Matamoros
16Renato
14Juanfran
10Pope
9Hélder
9R. Vargas
7Luisma
6Iago Míguez
6Pitero
5Lucho
4Joselito
4Porto
2Edu
Próximo partido
Partido pertencente á 26ª xornada
AD Alcorcón FSF
16 victorias | 1 empates | 8 derrotas
Puntos acumulados: 49
Pescados Rubén-Burela FS
23 victorias | 0 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 69
Cancha de xogo:
Polideportivo Los Cantos
Data:
27 de abril de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 13/04/2019
Viaxes Amarelle F.S. 7 1 Femisport Palau Club
Leganés Masdeporte 0 1 Pescamar Poio FS
Pescados Rubén-Burela FS 1 2 CD Futsi Atlético Féminas
AD Sala Zaragoza 0 5 Universidad de Alicante
Penya Espluges Gironella FS 1 2 Majadahonda FSF/Afar 4
Jimbee Roldán FSF 4 2 AD Alcorcón FSF
Móstoles FSF 2 3 UCAM Murcia
Guadalcacín 0 2 Ourense Envialia
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1CD Futsi Atlético Féminas69
2Pescados Rubén-Burela FS69
3Jimbee Roldán FSF50
4AD Alcorcón FSF49
5Ourense Envialia48
6Pescamar Poio FS47
7Universidad de Alicante46
8Penya Espluges Gironella FS38
9UCAM Murcia38
10Majadahonda FSF/Afar 430
11Móstoles FSF29
12Leganés Masdeporte22
13Viaxes Amarelle F.S.16
14AD Sala Zaragoza15
15Guadalcacín14
16Femisport Palau Club1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
23Peque
17Dany
12Cristina
12Luci
10Cami
9Cilene
7Jenny
7Lara
6Alves
1Bea Mateos
1Jozi
Patrocinadores