Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS continúa con paso firme e sen tropezos o seu inicio de liga, cun importante triunfo na pista do Móstoles FSF (2-4). As pupilas de Julio Delgado e Lucas, que viaxaban condicionadas polas lesións, ofreceron un gran partido no que foron de menos a máis, serio en defensa e con gran desgaste físico. Cilene, no minuto 18, aproveitou unha falta para brindarlles a vantaxe ás galegas e finalizar a primeira parte con 0-1. Con todo, o regreso á pista non foi tan agradable. Aos poucos segundos do reinicio, o Móstoles igualou a contenda grazas a Patri Chamorro nun penalti de Jozi. Tan só dous minutos despois, o Pescados Rubén recuperaba a iniciativa no electrónico tras un contraataque, materializado por Cristina ao segundo pau. A estrea de Tais Alves non podía ser mellor, asinando o 1-3 no minuto 26, cun balón desde os dez metros que se coou pola escuadra. Superado o ecuador do segundo acto, as burelistas ampliaron a fenda, cunha tentativa en propia porta de Celia, en tentativa de despexe. As galegas tiveron que navegar co lastre das cinco faltas. No 35, o Móstoles, sen facer dano, quixo ir polo partido con xogo de cinco. Tan só puido atopar o gol, nos últimos segundos, de novo con Patri Chamorro, de dobre penalti. Ficha técnica Móstoles FSF: Miri, Patri Chamorro, Celia, Inma, Carmen Alonso, cinco inicial; tamén xogaron Shiori, Benete, Desi, Rocío Robles Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cristina, Cilene, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Luci, Alves, Cris, Ana Romero Goles: 0-1, minuto 18, Cilene; 1-1, minuto 21, Patri Chamorro; 1-2, minuto 23, Cristina; 1-3, minuto 26, Alves; 1-4, minuto 32, Celia (p.p.); 2-4, minuto 40, Patri Chamorro Árbitros: Cabello Ruiz // Cubero García. Por Móstoles amarela a Patri Chamorro (minuto 32). Por Burela amarela a Cristina (minuto 28). Incidencias: Partido correspondente á xornada 3 de Primeira División RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado no pavillón Villafontana de Móstoles. Minuto de silencio inicial pola traxedia de Sant LLorenç.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 6ª xornada
Real Betis Futsal
4 victorias | 1 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 13
Pescados Rubén-Burela FS
3 victorias | 2 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 11
Cancha de xogo:
-
Data:
20 de outubro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 13/10/2018
Noia Portus Apostoli 5 0 Axa Ita Port Elche CF
Pescados Rubén-Burela FS 5 0 Dimurol S. Tenerife
Rivas Futsal 2 3 ElPozo Ciudad de Murcia
Manzanares FS 2 1 Bisontes Castellón
Colo Colo Zaragoza 1 3 Software DELSOL Mengíbar
Itea Córdoba 4 4 FC Barcelona B
Soliss FS Talavera 4 3 Gran Canaria FS
Santiago Futsal 3 4 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Real Betis Futsal13
2Soliss FS Talavera12
3Pescados Rubén-Burela FS11
4ElPozo Ciudad de Murcia 10
5Software DELSOL Mengíbar8
6Manzanares FS8
7Itea Córdoba8
8Santiago Futsal6
9Bisontes Castellón6
10Rivas Futsal6
11Axa Ita Port Elche CF6
12Colo Colo Zaragoza6
13FC Barcelona B 5
14Noia Portus Apostoli4
15Gran Canaria FS4
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Juanfran
GolesXogador
3Juanfran
3Renato
2Lucho
2Matamoros
2Pope
1Pitero
1Porto
Próximo partido
Partido pertencente á 4ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
3 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 9
Guadalcacín
0 victorias | 0 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 0
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
20 de outubro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 13/10/2018
Viaxes Amarelle F.S. 0 0 Pescamar Poio FS
Guadalcacín 2 5 Jimbee Roldán FSF
Universidad de Alicante 1 2 CD Futsi Atlético Féminas
Femisport Palau Club 0 2 Majadahonda FSF/Afar 4
UCAM Murcia 3 6 AD Alcorcón FSF
Leganés Masdeporte 0 0 Ourense Envialia
AD Sala Zaragoza 1 6 Penya Espluges Gironella FS
Móstoles FSF 2 4 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS9
2Penya Espluges Gironella FS9
3Jimbee Roldán FSF7
4CD Futsi Atlético Féminas7
5AD Alcorcón FSF6
6Ourense Envialia5
7Móstoles FSF4
8Leganés Masdeporte4
9Universidad de Alicante3
10Pescamar Poio FS3
11UCAM Murcia3
12Majadahonda FSF/Afar 43
13Femisport Palau Club0
14Viaxes Amarelle F.S.0
15AD Sala Zaragoza0
16Guadalcacín0
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
2Cilene
2Cristina
2Dany
2Jenny
2Luci
1Alves
1Lara
Patrocinadores