Publicidade
X Pechar
O Alcorcón, que chegaba a Vista Alegre na cuarta praza, freou esta tarde a trayectoria de tres en tres do Pescados Rubén Burela FS (2-2), que pelexou sen descanso fronte a un rival que se dedicou a non deixar xogar e a aproveitar os seus erros. Ás mariñás custoulles entrar na correcta defensa en media pista das alfareiras, que se beneficiaron da efectividade das súas galegas, Nere Moldes e Vane Sotelo, para poñerse por diante na primeira parte e igualar a contenda na segunda. Estela mantivo ás visitantes no partido, facendo fronte ata ao xogo de cinco burelista na recta final. Ambas as filas tentearon a rede rival sen demasiada énfase, pero aos poucos e cun Alcorcón apertando en defensa as laranxas estaban afinando en perigo. No catro, Peque intentouno cun balón alto que chegou frouxo ás mans de Estela, despois probou Jane, de novo con intervención da meta madrileña. Con todo, foi Nere Moldes a encargada de abrir a lata en Vista Alegre culminando unha rápida transición, tan só un minuto despois. Pelexaron e pelexaron as mariñás para igualar a contenda ante un Alcorcón sólido. Jane avisou por partida dobre e por fin subiu ao electrónico o 1-1, cunha contra iniciada por Peque, que cedeu cara atrás para sentenza de Ale de Paz. Serviu de revulsivo o tanto laranxa; as burelistas meteron unha marcha máis e Ale a punto estivo de anotar o segundo en menos dun minuto. Aínda que houbo que esperar ata o 15, cun rexeite cazado por Luci, tras tentativa de Peque nunha perda e posterior recuperación da 7 burelista. Luci e Cilene aínda dispuxeron de ocasións para ampliar a fenda antes do descanso. O Alcorcón regresou enchufado. Ale de Paz freou ás visitantes nos primeiros segundos, pero o 2-2 non se fixo esperar; Vane Sotelo asinouno no 22, gañando a partida ás filas mariñás, nun roubo, e sorteando a Jozi, adiantada, con tentativa infrutuosa de Bea Mateos por frear o disparo. Insistiron ata a extenuación as Guerreiras, con gran protagonismo de Jane nos últimos metros. Con case tres minutos por diante, Bea Mateos liderou o xogo de cinco. Cilene e Jane a punto estiveron de anotar o terceiro a falta de 45 segundos e Dany freou a contra. Volveu tela Cilene pero fíxoselles demasiado tarde ás mariñás para apropiarse dos tres puntos. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jenny, Jane, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Dany, Bea Mateos, Ale de Paz, Lara Balseiro, Luci, Jozi AD Alcorcón FSF: Estela, Ballesteros, Paula, Irene Samper, Vane Sotelo, cinco inicial; tamén xogaron Nere Moldes, Aída de Miguel, Carmen Alonso, Pipi Goles: 0-1, minuto 5, Nere Moldes; 1-1, minuto 11, Ale de Paz; 2-1, minuto 15, Luci; 2-2, minuto 22, Vane Sotelo Árbitros: Guntín Garrido // Corral Martínez. Por Burela amarela a Luci (minuto 18), Dany (minuto 39) Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de Primeira División disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, ante unhas 700 persoas.
Ler máis
O duelo directo de Vista Alegre sáldase cun empate 2-2, nun gran partido dos de Juanma Marrube, no que foron fieis ao plan de traballo e conseguiron romper a zona do Fútbol Emotion Zaragoza cun xogo práctico. O Pescados Rubén Burela foi superior na primeira parte e conseguiu a iniciativa no marcador, aínda que o 1-0 soubo a pouco ante un Iván B. que mantivo aos maños no partido. Tras o descanso, os mariñáns perderon a conexión e os visitantes aproveitaron para poñerse por diante de estratexia. Mereceron máis os galegos, que recuperaron táboas e tiveron que pelexar contra unha recta final de infarto e de gran polémica, con necesidade de puntos en ambas as filas. Comezou avisando Matamoros nos primeiros compases, cazou o rexeite Álex Diz, pero foise demasiado alto. Antes de cumprir o catro de xogo, Mata volveu poñer en apertos ao meta aragonés. A primeira visitante, protagonizouna no 5 Pedro Cary cun gran despexe de Pope. Intentouno cun mísil Renato, no 7, pero puido frealo Iván B. coas mans. A piques de chegar ao ecuador, Joselito serviulla en bandexa a Everton pero o brasileiro petou co gardameta. Ese, sen dúbida, tería que ser a estrea do marcador. Con nove minutos e medio da primeira parte aínda por diante, chegou o lastre das faltas para o combinado de Juanma Marrube. Villanueva tenteou, nun centro, a rede burelista sen éxito, e foi entón cando comezou a avalancha con ata tres ocasiones do 10 laranxa nun minuto brillante, no 13. Estaba facendo moitos méritos o Pescados Rubén para poñerse por diante, pero chegou a concesión excesiva para os maños no 15, en forma de dobre penalti; inconmesurable, Edu plantouse ante Víctor Tejel para freala sen contemplacións. A Bomboneira por fin estalou para celebrar o primeiro, no 16, nas zapatillas de Juanfran; o murciano iniciou unha contra, apoiándose en Álex Diz, para sentenciar o 1-0. A dous para o descanso, Mata e Álex Diz pelexáronse ata a extenuación nas proximidades zaragozanas, pero non puido chegar o segundo. Richi, nun disparo cruzado, e Retamar, ante Edu, intentaron devolver as táboas nos últimos compases. Non saíu ben o Pescados Rubén e custoulle caro, con sete minutos nos que o grupo renunciou ao plan de partido. O primeiro en intentalo á volta foi o Zaragoza, con Matamoros como salvavidas. Edu tamén estivo moi atento nun disparo afastado de Villanueva, no 24. Segundos despois, os de Arturo Santamaría non desaproveitaron a súa grande oportunidade nunha cesión dos burelistas; Richi, pegado ao pau, culminou a falta desde o bordo da área para subir o 1-1. A balón parado conseguiu de novo recompensa o equipo visitante, no 28, aproveitando o rexeite Tabuenca. Everton e Pitero avisaron no 31, pero foi o mísil de Renato, no 33, o que puido devolver o empate, que non puido recuperar Álex Diz no despexe de Iván. E por fin, nova festa laranxa; no 34, o lugués selou o 2-2, cun balón de Matamoros, que tocou na defensa maña antes de superar a liña. Pope e Pitero puxeron en pé á bancda en senllos contragolpes; Joselito recibiu unha gran saída mariñá; estábao merecendo o Pescados Rubén e chegou a expulsión de Matamoros, pola segunda amarela, por unha man moi discutida entre a Bancada Laranxa. Restaban 25 segundos e o partido perigaba para os da Mariña con outro dobre penalti; con todo aí estaba Edu para salvagardar os intereses locais. O son da bucina asolagou Vista Alegre coa última opción dos Laranxas, de Renato, e tras a expulsión de Víctor Tejel. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Joselito, Lucho, Matamoros, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Renato, Pope, Juanfran, Pitero, Everton Fútbol Emotion Zaragoza FS: Iván B., Villanueva, Víctor T., Retamar, Adrián Ortego, cinco inicial; tamén xogaron Pedro Cary, Alí, Javi Alonso, Richi, Tabuenca Goles: 1-0, minuto 16, Juanfran; 1-1, minuto 24, Richi; 1-2, minuto 28, Tabuenca; 2-2, minuto 34, Álex Diz Árbitros: Gallo Suárez // Martínez Torres. Por Burela amarela a Matamoros (minuto 39 e 40). Por Zaragoza, amarela a Víctor T. (minuto 8 e 40), Pedro Cary (minuto 27), Villanueva (minuto 37), Richi (minuto 37) Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Primeira LNFS disputado no pavillón Vista Alegre de Burela ante uns 900 espectadores, coa presenza do vicepresidente da RFGF, Carlos Méndez, e o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero, ademais do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, entre outras autoridades.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 10ª xornada
O Parrulo Ferrol
3 victorias | 2 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 11
Pescados Rubén-Burela FS
1 victorias | 2 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 5
Cancha de xogo:
Pabellón Polideportivo de A Malata
Data:
23 de novembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 16/11/2019
Movistar Inter 0 0 Viña Albali Valdepeñas
CA Osasuna Magna 3 2 Servigroup Peñíscola
Industrias Santa Coloma 3 6 FC Barcelona
Palma Futsal 1 2 Jaén Paraíso Interior
Levante UD FS 3 5 ElPozo Murcia
Jimbee Cartagena FS 4 1 Aspil Jumpers Ribera
Pescados Rubén-Burela FS 2 2 Fútbol Emotion Zaragoza
Córdoba Patrimonio 3 2 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1FC Barcelona 24
2Movistar Inter22
3ElPozo Murcia19
4CA Osasuna Magna15
5Palma Futsal14
6Jaén Paraíso Interior13
7Viña Albali Valdepeñas12
8Jimbee Cartagena FS12
9Servigroup Peñíscola11
10O Parrulo Ferrol11
11Levante UD FS10
12Córdoba Patrimonio10
13Aspil Jumpers Ribera8
14Industrias Santa Coloma8
15Fútbol Emotion Zaragoza6
16Pescados Rubén-Burela FS5
Goleador
Luisma
GolesXogador
3Luisma
3Matamoros
2Álex Diz
1Everton
1Joselito
1Juanfran
1Lucho
1Pope
1Renato
Próximo partido
Partido pertencente á 11ª xornada
Penya Espluges Gironella FS
6 victorias | 1 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 19
Pescados Rubén-Burela FS
9 victorias | 1 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 28
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes
Data:
23 de novembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 16/11/2019
Cidade das Burgas 1 1 Bilbo FS
Majadahonda FSF/Afar 4 1 5 Pescamar Poio FS
Roldán FSF 1 9 CD Futsi Atlético Navalcarnero
Xaloc Alacant A 2 9 Universidad de Alicante
Pescados Rubén-Burela FS 2 2 AD Alcorcón FSF
Leganés Masdeporte 3 5 UCAM ElPozo Murcia
Móstoles FSF 2 2 Ourense Envialia
AD Sala Zaragoza 4 1 Penya Espluges Gironella FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero30
2Pescados Rubén-Burela FS28
3Ourense Envialia25
4AD Alcorcón FSF22
5Pescamar Poio FS19
6Penya Espluges Gironella FS19
7AD Sala Zaragoza17
8Universidad de Alicante15
9UCAM ElPozo Murcia13
10Móstoles FSF10
11Roldán FSF10
12Leganés Masdeporte7
13Majadahonda FSF/Afar 47
14 Bilbo FS5
15Cidade das Burgas4
16Xaloc Alacant A0
Goleadora
Peque
GolesXogadora
10Peque
4Ale de Paz
4Dany
4Jane
3Jenny
3Jenny Lores
3Lara
2Bea Mateos
2Cilene
Patrocinadores