Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS segue con paso firme. As Guerreiras Laranxas selaron unha vitoria máis na sexta xornada de Primeira, na visita á cancha do pechacancelas, Xaloc Alacant (0-2), nunha cita na que ás mariñás foilles pesando no xogo a falta de afinación nos últimos metros. O gol de Bea Mateos, ao segundo pau, xa no minuto 2 encamiñaba moi ben a cita para as galegas ante un rival dedicado a defenderse na súa cancha das embestidas do Pescados Rubén. As pupilas de Julio Delgado e Lucas non atoparon a recompensa merecida nas súas seguintes chegadas e foron perdendo claridade de ideas e sobre todo eficacia, con algunhas boas aparicións da meta alacantina. Superado o ecuador da segunda parte, as mariñás optaron por alternar o xogo de cinco liderado por Bea Mateos. Co cambio de Cilene como porteira xogadora e a falta de pouco máis de tres minutos Lara Balseiro puido dar máis tranquilidade no marcador, por fin co 0-2 a pase de Peque, ante un rival que non xerou perigo na rede burelista. Co xogo de cinco, nos últimos momentos, as locais tampouco contaron con ocasións claras. Ficha técnica Xaloc Alacant FS: Gema, Miriam, Ángela, Jeza, Laura, cinco inicial; tamén xogaron Lidia, Ortiz, Claudia, Elena, Toñi, Sáez Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jane, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Jenny Lores, Dany, Jenny, Lara Balseiro, Cilene Goles: 0-1, minuto 2, Bea Mateos; 0-2, minuto 37, Lara Balseiro Árbitros: Sergio Mesonero // Andrés Estévez. Por Xaloc amarela para Ángela (minuto 11). Por Burela amarela para Jenny (minuto 12), Bea Mateos (minuto 30) Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Primeira División disputado no Pitiu Rochel de Alacante.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS deu a cara ata o final ante o poderoso ElPozo Murcia (3-1). O conxunto de Juanma Marrube foi de menos a máis e conseguiu recuperar a alma laranxa que se esvaera na xornada anterior, nunha cancha moi complicada contrarrestando o potencial dos locais en moitas fases do xogo. Con todo, non foi suficiente para frear a pegada de ElPozo, que soubo gañar os tres puntos aproveitando as súas ocasións, en estratexia e contragolpe na primeira parte e nun rexeite na segunda. Nun inicio de tenteo, Paradynski asaltou a liña de pase fronte a Edu, sen éxito ante o naronés, xa no minuto 2. A primeira dos mariñáns, no 4, protagonizouna Renato desartellada por Fede por arriba. Puxeron a proba a rede galega Álex e Fernando e o foi o primeiro o que adiantou os charcuteiros no minuto 8, en xogo de pivote, recibindo un saque de esquina de Marc Tolrà e atopando oco no seu xiro. Darío subiu o 2-0 no 12 nunha concesión burelista; F. Valerio asistiu ao segundo pau tras pase de Paradynski en contragolpe. Demasiada vantaxe no luminoso para a igualdade vivida sobre a pista. Juanfran e Joselito, por partida dobre, dispuxeron sen fortuna das mellores dos galegos despois para reducir distancias. Edu tamén estivo moi atento ante Matteus e Fernando. Optou por unha maior presión o conxunto galego tras o descanso, neutralizando as solucións ofensivas dos charcuteiros ante a formulación de Juanma Marrube e con grandes actuacións de Fede baixo paus. O meta local freou as intencións de Renato e Juanfran antes do ecuador do segundo acto e de Mata de lonxe, máis tarde. ElPozo aproveitou para ampliar a renda a falta de 5 minutos, a través de Fernando, o 14 murciano saíu vitorioso ante unha tentativa de despexe de Matamoros tras unha boa intervención de Edu, cun balón que tocou en Pope en última instancia. Cando o 10 burelista se estaba preparando para saltar con xogo de cino, o porteiro naronés evitou o cuarto fronte a Alberto García. Foi a por todo o Pescados Rubén e atopou nun segundo asedio sobre Fede o 3-1, nun lanzamento de Joselito que tocou en Matteus. Matamoros a punto estivo de sorprender na recta final e Álex Diz anotou superando xa a bucina final. Seguimos loitando!!!!! Semana sen liga Os burelistas retomarán as obrigas da liga o venres 1, coa visita do Servigroup Peñíscola (Vista Alegre, 20.30 horas), tras o descanso polo descanso da rolda principal do Mundial FIFA 2020. Alí estará o meta laranxa M. Kaluza para defender a Selección Polaca fronte a Xeorxia, Finlandia e España. Ficha técnica ElPozo Murcia FS: Fede, Matteus, Darío, F. Valerio, Paradynski, cinco inicial; tamén xogaron Fernando, Marc Tolrà, Pol Pacheco, L. Altamirano, Alberto García, Álex Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, R. Vargas, Juanfran, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Lucho, Joselito, Renato, Everton, Álex Diz Goles: 1-0, minuto 8, Álex; 2-0, minuto 12, Darío; 3-0, minuto 35, Fernando (p.p. Pope); 3-1, minuto 38, Joselito (p.p. Matteus) Árbitros: Blas Alonso // Romero Candela. Por ElPozo amarela Darío (minuto 23), Marc Tolrà (minuto 26). Por Burela amarela a Vargas (minuto 23), Álex Diz (minuto 30) Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Primeira División disputado no Palacio dos Deportes de Murcia, con emisión en directo de GOL TV
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS medirase nesta sexta xornada ao Xaloc Alacant nun duelo de opostos entre o podio e o fondo da táboa. Dende a segunda praza e sen erro na súa andadura, as Guerreiras Laranxas saltarán á pista do Pitiu Rochel de Alacante mañá, as 16.00 horas, fronte a un novel na categoría que aínda non conseguiu puntuar e ocupa a última posición. Tamén con 15 puntos, na zona alta Futsi Atlético Navalcarnero e Ourense Envialia terán a compromisos a domicilio de contrastes, fronte ao Majadahonda (0 puntos), penúltimo, e Bilbo FS (3 puntos), antepenúltimo. “Pola clasificación é un partido accesible e deberiamos traer os tres puntos, pero se imos con ese pensamento temos más que perder que gañar. Nós iremos a por todas, intentando mellorar xornada a xornada” aseguraba a capitá Bea Mateos. “Xaloc está necesitado de puntos; aos que equipos que soben sempre lles custa, nótase a diferenza entre os conxuntos que xa estamos asentados na categoría e os novos. De todos xeitos, nós agardamos un rival con ganas de pelexar, co aliciente de estar na mellor liga e ademais na súa casa” explicaba a 14 laranxa, incidindo na evolución que está experimentando o Pescados Rubén, reflectida á perfección o sábado pasado en Vista Alegre: “Con Leganés deuse o paso adiante en intensidade que estabamos buscando dende o comezo de liga, tras o gran papel da 4Nations Futsal de Milán e da Supercopa. Oxalá se manteña así a partir de agora”, confesaba a salmantina vendo o inicio dunha liga moi bonita por diante, con moitos candidatos para o cumio: “Futsi sempre está aí, xa o agardabamos así, e Ourense demostra tempada a tempada tamén que é un rival moi complicado. Creo que haberá máis equipos aí na loita como Poio ou UA, a pesar do seu comezo” concluía Bea Mateos. O conxunto mariñán realizou a última sesión da semana á súa chegada a terras alacantinas, ás 12.30 horas. Luci non viaxou co equipo por motivos persoais. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Jane, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 17. Ale de Paz, 21. Jenny Lores
Ler máis
Achégase a xornada 6 de Primeira coa segunda visita xa dos burelistas ante un dos titáns na elite. O Pescados Rubén Burela FS medirase ao histórico ElPozo Murcia este sábado, ás 13.00 horas, ante as cámaras de GOL. “Para nós cada partido é unha final, sabémolo desde o inicio de liga. Estamos pelexando por conseguir a primeira vitoria da tempada e a entidade do rival non vai desviar o noso obxectivo” aseguraba un dos grandes baluartes dos mariñáns, o meta Edu. Os laranxas, con 1 punto na súa cuadrícula, enfrontaranse á grandiosidade de ElPozo, cuarto clasificado (10 puntos), que só saíu derrotado ata o momento na xornada inaugural co Parrulo (3-2). O conxunto local regresa esta semana á competición ligueira tras os seus compromisos na UEFA Champions League. Para Edu é cuestión de tempo que cheguen os bos resultados; o camiño é o correcto. O equipo está puíndo detalles aos poucos e pode competir contra calquera, así o está demostrando. Agora o máis importante é o factor mental: “Ata agora ningún rival foi moi superior en xogo; estamos competindo ata a recta final, pero tamén temos algúns minutos nos que aparecen certas lagoas que nos lastran demasiado. Sobre iso estamos traballando, aos poucos ímolo solucionando e imos a Murcia con todo”. “Estamos xerando ocasións, pero no momento crucial esváense as intencións. Temos que ser máis contundentes, estar máis firmes nesas situacións. Se defensivamente estamos ao noso mellor nivel, cun pouco de afinación nas ocasións, teremos posibilidades. Todos estamos ao cento por cento para a cita” advertía en naronés, confiando na actitude, ganas e alma do grupo. O conxunto mariñán, que partirá esta noite ás 23.00 horas, realizará a última sesión da semana mañá ás 12.00 no José María Cagigal. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 7. R. Vargas, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 20. Everton, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 7ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
0 victorias | 1 empates | 5 derrotas
Puntos acumulados: 1
Servigroup Peñíscola
2 victorias | 2 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 8
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
1 de novembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 19/10/2019
Levante UD FS 0 3 Jimbee Cartagena FS
Movistar Inter 5 4 CA Osasuna Magna
O Parrulo Ferrol 0 0 Jaén Paraíso Interior
Servigroup Peñíscola 5 0 Córdoba Patrimonio
Fútbol Emotion Zaragoza 0 0 Aspil Jumpers Ribera
Viña Albali Valdepeñas 2 2 Industrias Santa Coloma
FC Barcelona 0 0 Palma Futsal
ElPozo Murcia 3 1 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter18
2FC Barcelona 15
3ElPozo Murcia13
4CA Osasuna Magna12
5Viña Albali Valdepeñas9
6Servigroup Peñíscola8
7Jaén Paraíso Interior7
8O Parrulo Ferrol7
9Palma Futsal7
10Levante UD FS7
11Córdoba Patrimonio6
12Jimbee Cartagena FS5
13Industrias Santa Coloma5
14Fútbol Emotion Zaragoza4
15Aspil Jumpers Ribera2
16Pescados Rubén-Burela FS1
Goleador
Luisma
GolesXogador
2Luisma
2Matamoros
1Joselito
1Lucho
1Pope
1Renato
Próximo partido
Partido pertencente á 7ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
6 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 18
Roldán FSF
3 victorias | 0 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 9
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
26 de outubro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 19/10/2019
Majadahonda FSF/Afar 4 0 0 CD Futsi Atlético Navalcarnero
Móstoles FSF 0 0 Universidad de Alicante
Leganés Masdeporte 0 0 AD Alcorcón FSF
Roldán FSF 2 0 AD Sala Zaragoza
Pescamar Poio FS 8 1 UCAM ElPozo Murcia
Bilbo FS 0 0 Ourense Envialia
Cidade das Burgas 3 4 Penya Espluges Gironella FS
Xaloc Alacant A 0 2 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Pescados Rubén-Burela FS18
2CD Futsi Atlético Navalcarnero15
3Ourense Envialia15
4AD Alcorcón FSF12
5AD Sala Zaragoza11
6Pescamar Poio FS10
7Penya Espluges Gironella FS10
8Roldán FSF9
9Leganés Masdeporte7
10UCAM ElPozo Murcia6
11Móstoles FSF4
12Universidad de Alicante3
13Cidade das Burgas3
14 Bilbo FS3
15Majadahonda FSF/Afar 40
16Xaloc Alacant A0
Goleadora
Peque
GolesXogadora
5Peque
4Ale de Paz
3Lara
2Bea Mateos
2Dany
2Jane
2Jenny
2Jenny Lores
1Cilene
Patrocinadores