Publicidade
X Pechar
Os equipos masculino e feminino de Pescados Rubén Burela FS visitaron hoxe a fábrica de Coca-Cola European Partners Iberia na Coruña. Esta visita prodúcese tras o ascenso do equipo sénior masculino a 1ª División na Liga Nacional de Fútbol Sala, e os bos resultados que está obtendo o equipo feminino na recta final da Liga Foro 16 Feminismo, ademais da elección como sede da Copa de SM A Raíña que xogarán os 8 primeiros equipos da Liga, tres motivos de celebración para o Club. Gema Domínguez, xestora de Comunicación en Galicia de Coca-Cola European Partners Iberia, acompañou durante a visita os equipos onde se explicaron, entre outros temas, o funcionamento da planta e o proceso de fabricación de diferentes produtos que Coca-Cola European Partners comercializa en España. Tamén tiveron a ocasión de coñecer, de primeira man, a estratexia e compromiso de Coca-Cola coa sostibilidade, recollidos en “Avanzamos”, estratexia de sostibilidade conxunta de The Coca-Cola Company e Coca-Cola European Partners para Europa Occidental, e que se vertebra en seis áreas de actuación: bebidas, envases, sociedade, auga, clima e cadea de subministración. A planta de Coca-Cola European Partners na Coruña iniciou a súa actividade en 1961. Coca-Cola European Partners en Iberia conta en Galicia con 5 sedes ademais da planta de produción. En total, atende a 21.100 puntos de venda aos que chega de xeito periódico e asesora comercialmente. Sobre Coca-Cola European Partners Coca-Cola European Partners plc (CCEP) é unha compañía líder en Europa no sector de gran consumo que produce, distribúe e comercializa unha ampla gama de bebidas non alcohólicas, e é o maior embotellador independente de Coca-Cola no mundo por ingresos. Coca-Cola European Partners dá servizo a unha poboación de máis de 300 millóns de persoas en 13 países de Europa Occidental, que inclúe a España, Andorra, Portugal, Alemaña, Bélxica, Francia, Gran Bretaña, Holanda, Luxemburgo, Mónaco, Noruega, Islandia e Suecia. A Compañía cotiza nas bolsas de Euronext Ámsterdam, Nova York, Euronext Londres e nas bolsas españolas co ticker “CCE”. España, Portugal e Andorra convértense na división ibérica do novo embotellador, cun persoal de máis de 4.400 empregados, 450.000 clientes e un total de 143 millóns de consumidores, dos que 85 millóns son turistas. A división ibérica de CCEP comercializa 21 marcas diferentes con 110 produtos e máis de 270 referencias. Conta con oito fábricas de refrescos e distribúe auga mineral natural desde cinco mananciais.
Ler máis
As Guerreiras Laranxas regresan a terras galegas cun novo botín de tres puntos para seguir na loita polo todo. Non o tiveron doado esta tarde na pista do UCAM ElPozo Murcia (3-5), pero conseguiron sacar adiante un partido no que lles custou entrar, moi táctico, e con gran presenza de xogo de cinco en ambas as filas. Ao Pescados Rubén Burela FS custoulle salvar a presión proposta polas locais nun principio e para iso tivo que recorrer á porteira xogadora. Así abriu o marcador no minuto 14, nas zapatillas de Cami, un gol co que cambiou a dinámica de xogo. As mariñás controlaban a cita, con numerosas ocasións, aínda que non coa fluidez habitual; así tiveron que conformarse coa renda de 0-1. O UCAM igualou a contenda no minuto 24, con Pepa, nunha segunda parte onde o protagonismo foi para as porteiras xogadoras. Un minuto despois, Cilene cun disparo ao bordo da área anotaba o 1-2. Superada a medianía do período, o conxunto lucense volvía optar polo xogo de cinco; Bea Mateos anotaba o 1-3; pouco despois, desde fóra da área, Pepa recortaba de novo distancias. A catro minutos da conclusión, coas galegas seguindo co xogo de cinco, aumentaba a súa renda cun gol de Pepa en propia meta e a tranquilidade levábaa Jenny, rapidamente. Xa no desenlace Patri desde fóra da área subiu o definitivo 3-5. Ficha técnica UCAM ElPozo Murcia FSF: Irene, Toñi, Pepa, Patricia, Rocío, cinco inicial; tamén xogaron Noelia, Mª.del Carmen, María, Lola, Susana Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Lara Balseiro, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Cami, Jenny, Luci, Popó, Jozi Goles: 0-1, minuto 14, Cami; 1-1, minuto 24, Pepa; 1-2, minuto 25, Cilene; 1-3, minuto 32, Bea Mateos; 2-3, minuto 36, Pepa; 2-4, minuto 36, Pepa (pp); 2-5, minuto 37, Jenny; 3-5, minuto 39, Patricia Árbitros: Hervás Soria // Vega Martínez. Por Burela amarela a Peque (minuto 14). Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en pavillón José María Cagigal.
Ler máis
Última xornada
Partidos celebrados o 04/05/2019
Manzanares FS 4 4 Axa Ita Port Elche CF
Bisontes Castellón 0 5 ElPozo Ciudad de Murcia
Dimurol S. Tenerife 3 3 Software DELSOL Mengíbar
Pescados Rubén-Burela FS 2 5 FC Barcelona B
Colo Colo Zaragoza 2 2 Córdoba CF Futsal
Santiago Futsal 8 2 Soliss FS Talavera
Rivas Futsal 4 5 Noia Portus Apostoli
Real Betis Futsal 4 1 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS67
2Real Betis Futsal66
3Software DELSOL Mengíbar62
4Manzanares FS56
5FC Barcelona B 54
6ElPozo Ciudad de Murcia 53
7Córdoba CF Futsal48
8Santiago Futsal45
9Rivas Futsal37
10Noia Portus Apostoli35
11Axa Ita Port Elche CF33
12Bisontes Castellón33
13Colo Colo Zaragoza32
14Gran Canaria FS29
15Soliss FS Talavera29
16Dimurol S. Tenerife4
Goleador
Matamoros
GolesXogador
22Matamoros
16Renato
14Juanfran
11Pope
9Hélder
9R. Vargas
7Luisma
6Iago Míguez
6Pitero
5Lucho
4Joselito
4Porto
2Edu
Próximo partido
Partido pertencente á 29ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
26 victorias | 0 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 78
Universidad de Alicante
16 victorias | 2 empates | 10 derrotas
Puntos acumulados: 50
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
25 de maio de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 18/05/2019
Femisport Palau Club 0 4 Guadalcacín
AD Sala Zaragoza 4 4 Leganés Masdeporte
AD Alcorcón FSF 5 2 Pescamar Poio FS
Universidad de Alicante 3 1 Jimbee Roldán FSF
CD Futsi Atlético Féminas 3 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Viaxes Amarelle F.S. 2 3 Móstoles FSF
Ourense Envialia 0 1 Penya Espluges Gironella FS
UCAM Murcia 3 5 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1CD Futsi Atlético Féminas78
2Pescados Rubén-Burela FS78
3AD Alcorcón FSF52
4Ourense Envialia51
5Jimbee Roldán FSF50
6Universidad de Alicante50
7Pescamar Poio FS50
8Penya Espluges Gironella FS44
9UCAM Murcia44
10Móstoles FSF38
11Majadahonda FSF/Afar 431
12Leganés Masdeporte24
13AD Sala Zaragoza22
14Viaxes Amarelle F.S.19
15Guadalcacín18
16Femisport Palau Club1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
23Peque
20Dany
12Cami
12Cristina
12Luci
11Cilene
8Jenny
7Lara
6Alves
2Bea Mateos
1Jozi
Patrocinadores