Publicidade
X Pechar
Este sábado, a xornada 19 de Primeira Masculina preséntase en Vista Alegre como o partido do ano, puro espectáculo, coa visita do campión de campións Movistar Inter (18.30 horas) á Mariña. “Para nós é un partido moi importante, coma todos os da casa. O noso obxectivo e mentalidade son os mesmos, sairemos a por todas para puntuar e seguir facendo forte Vista Alegre” explicaba Álex Diz, recoñecendo a entidade titánica do rival. No entanto, o 22 burelista apela á Alma Laranxa para facer ben as cousas: “Temos que ser consecuentes co noso traballo e a nosa filosofía. Sabemos que é un reto maiúsculo, o Movistar está nunha escala superior, pero na casa xa demos a cara ante grandes como Xota, Palma ou Jaén e estamos competindo” advertía o lugués, agradecendo de anteman o ambiente que merece esta cita: “Sabemos que o pavillón estará cheo e animando en todo momento. Iso dános máis moral para seguir medrando e fortalecernos aquí”. A última sesión da semana está prevista para mañá, ás 9.30 horas, en Vista Alegre. Os brasileiros Xande e Pixote poderán debutar na Bomboneira. Venda de entradas A venda anticipada estará aberta na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 24, ás 14.00 horas. A taquilla de Vista Alegre abrirá ás 17.15 horas; a partir das 18.00 horas as entradas de soci@s poderán liberarse. PREZOS DE SOCI@S 0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón) 6-17 anos: 1 euro Adult@: 5 euros PREZOS NON SOCI@S 0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón) 6-17 anos: 10 euros Adult@: 20 euros Laranxas con Polonia e Uruguai. O domingo M. Kaluza e Xande partirán con rumbo a compromisos de seleccións, con Polonia e Uruguai respectivamente. Os internacionais estarán de regreso para o compromiso de cuartos de Copa do Rei, o 12 de febreiro, na pista do FC Barcelona. Febreiro, intratable. Tras a cita con Movistar, os laranxas terán dúas semanas de descanso ligueiro, antes de arrincar un mes repleto de encontros e de máxima esixencia. “Virán ElPozo e Barcelona, tamén teremos que ir ao Palau por Copa do Rei e visitaranos O Parrulo en Copa Galicia. Van ser unhas semanas moi intensas; aproveitaremos estas dúas para seguir traballando e adaptar os cambios de equipo, cos novos reforzos” adiantaba Álex Diz.
Ler máis
As caras novas do Pescados Rubén Burela FS, os alas brasileiros Xande e Pixote, poderán debutar este sábado en Vista Alegre ante o titánico Movistar Inter FS (18.30 horas). Acompañados polo presidente mariñán, Manuel Branco, as últimas incorporacións do vestiario de Juanma Marrube falaron das súas primeiras impresións no fútbol sala español e da adaptación á Familia Laranxa. Alexandre dos Santos ‘Xande’ (Rio de Janeiro, 1988), internacional coa Selección do Uruguai, estréase nas pistas españolas, procedente do Jaragua Futsal, aínda que esta non será a súa primeira aventura en Europa: “Tiven unha experiencia marabillosa en Portugal con Benfica e quería volver ao fútbol sala europeo. Necesitaba un novo desafío e Burela presentouse como unha grande oportunidade; falábanme moi ben do equipo, dos xogadores e do trato do club así que foi unha decisión moi doada” explicaba a ala zurdo, prometendo competitividade e experiencia: “O equipo recibiume moi ben; o equipo ten un bo bloque pero non tivo moita sorte. Hai que mirar cara adiante para seguir medrando e para iso chegamos nós, para axudar en todo poidamos. Temos o primeiro reto este sábado, cun dos mellores equipos do mundo” explicaba o novo 15 burelista, que terá un novo compromiso internacional a partir do domingo: “Xogar na selección é un motivo de moito orgullo. Uruguai acolleume moi ben, temos grandes soños e o principal pasa agora mesmo por xogar a Copa do Mundo. Agora temos un bonito reto; espero conseguilo e volver con máis confianza para dar o mellor do meu xogo aquí, co Pescados Rubén”. Alexandre Rodrigues Canha ‘Pixote’ (Recife, 1987) recala en Burela tras o seu paso recente por Magnus e Copagrill Futsal e coa honra de defender a camisola do Brasil. “Teño as mellores expectativas nesta nova etapa. Chego para achegar experiencia ao equipo, coa miña traxectoria en Brasil e Rusia, e axudar en todo o que poida”, mostrábase así, contento e ilusionado, o 13 laranxa: “Puiden participar na rotación o domingo; as sensacións sobre a pista foron boas; espero adaptarme axiña e axudar canto antes ao equipo” reflexionaba así o ala sobre os seus primeiros minutos co Pescados Rubén, na pista de Levante, onde tamén debutou Xande. “O fútbol sala é moi diferente ao brasileiro tanto no xogo como nas calidades dos deportistas. Vimos dispostos a dar todo de nós para poder axustarnos á dinámica do equipo rapidamente”, coincidían Pixote e Xande.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 19ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
2 victorias | 4 empates | 11 derrotas
Puntos acumulados: 10
Movistar Inter
14 victorias | 2 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 44
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
25 de xaneiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 18/01/2020
Fútbol Emotion Zaragoza 5 5 Jimbee Cartagena FS
Servigroup Peñíscola 3 3 Jaén Paraíso Interior
Movistar Inter 7 1 Córdoba Patrimonio
ElPozo Murcia 2 1 Aspil Jumpers Ribera
CA Osasuna Magna 6 2 Industrias Santa Coloma
Viña Albali Valdepeñas 2 2 Palma Futsal
Levante UD FS 6 1 Pescados Rubén-Burela FS
FC Barcelona 6 5 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter44
2FC Barcelona 41
3Viña Albali Valdepeñas38
4ElPozo Murcia37
5CA Osasuna Magna35
6Palma Futsal33
7Levante UD FS26
8Jaén Paraíso Interior24
9Servigroup Peñíscola21
10Jimbee Cartagena FS20
11O Parrulo Ferrol20
12Industrias Santa Coloma16
13Córdoba Patrimonio15
14Fútbol Emotion Zaragoza11
15Aspil Jumpers Ribera10
16Pescados Rubén-Burela FS10
Goleador
Matamoros
GolesXogador
12Matamoros
5Luisma
3Álex Diz
2Everton (CEDIDO A CEUTA -2020-)
2Lucho
2Pope
2Renato
1Joselito
1Juanfran (CEDIDO A CEUTA -2020-)
1Pitero
Próximo partido
Partido pertencente á 18ª xornada
Majadahonda FSF/Afar 4
4 victorias | 2 empates | 11 derrotas
Puntos acumulados: 14
Pescados Rubén-Burela FS
15 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 46
Cancha de xogo:
La Granadilla
Data:
25 de xaneiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 18/01/2020
Xaloc Alacant A 1 5 Leganés Masdeporte
Penya Esplugues Gironella FS 7 0 Bilbo FS
AD Alcorcón FSF 4 0 Pescamar Poio FS
Ourense Envialia 1 0 Universidad de Alicante
AD Sala Zaragoza 2 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Roldán FSF 4 1 Cidade das Burgas
CD Futsi Atlético Navalcarnero 7 3 UCAM ElPozo Murcia
Pescados Rubén-Burela FS 4 3 Móstoles FSF
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero51
2Pescados Rubén-Burela FS46
3Ourense Envialia41
4AD Alcorcón FSF35
5Pescamar Poio FS32
6Móstoles FSF28
7Penya Esplugues Gironella FS25
8Universidad de Alicante24
9AD Sala Zaragoza23
10UCAM ElPozo Murcia22
11Roldán FSF21
12Leganés Masdeporte15
13Majadahonda FSF/Afar 414
14Cidade das Burgas8
15 Bilbo FS6
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
15Peque
11Ale de Paz
9Jenny Lores
7Jane
6Dany
6Jenny
4Bea Mateos
4Cilene
4Lara
3Luci
1Cristina
1Jozi
Patrocinadores