Publicidade
X Pechar
A Tarde Laranxa de Vista Alegre abrirase mañá ás 18.00 horas (horario unificado) cun duelo de play off e ante as cámaras de TVG2. Na penúltima xornada ligueira e como peche na casa da competición regular, o Pescados Rubén Burela FS defenderá a súa praza privilexiada liderando o play off (52 puntos), fronte ao actual sétimo clasificado, Real Betis Futsal (45 puntos). O derbi galego de Primeira RFEF, coa visita do Poio Pescamar FSF porá o broche á tarde, ás 20.30 horas. O equipo dos exburelistas Chano e Bellvert, con outro coñecido da Familia Laranxa á fronte, Daniel Ibañes, pelexa por optar á fase de ascenso tras impoñerse a Manzanares a semana pasada (6-2), con 45 puntos; á espreita da súa praza están Itea Córdoba e Rivas, con tan só 1 punto menos. “Betis virá con toda a motivación do mundo porque sabe que depende del mesmo para seguir aí; o partido de Burela é moi importante para eles. É un equipo forte, ten a oportunidade agora de meterse en play off e iso faio moito máis perigoso” explicaba o andaluz das filas mariñás, José Antonio Luna Guijarro, Colacha, incidindo na relevancia do triunfo para o Pescados Rubén: “Nós tamén estamos pensando en play off; este partido pode decidir o rival que queremos. Nós imos facer o posible para sacar os tres puntos e ter un rival máis cómodo a priori nese play off. Non podemos deixar escapar nada” advertía o 9 laranxa, en vésperas do duelo e mirando á táboa, con Puertollano, con 50 puntos, e Antequera, con 48, que se medirán a Valdepeñas, en plena celebración do seu ascenso, e ElPozo, respectivamente. Na primeira volta a cita quedou en táboas (3-3), cos burelistas levando a iniciativa no marcador e continuas respostas efectivas do Betis. “Creo que fomos mellores, pero o partido decidiuse en empate. Para conseguir os tres puntos temos que demostrar o carácter de Antequera, un partido destacable de todo o equipo; se nos mostramos igual os tres puntos quedarán na casa” aseguraba Colacha facendo referencia a unha das últimas xornadas na Bomboneira. “A nosa mentalidade é a dunha final. Temos que saír á pista metidos en todo momento, conseguir os tres puntos e facer unha Tarde Laranxa o máis bonita posible” confesaba con optimismo o menciano, esperando agradecer con triunfos o apoio da afección: “Abrimos o pano; esperamos deixar o público con moi bo sabor de boca para que así poidan gozar aínda máis do derbi e que tamén se consiga a vitoria de Burela”. Merenda de Tarde Laranxa Entre ambos os partidos da Tarde Laranxa, os afeccionados poderán repoñer forzas. Con cada consumición repartirase un bocadillo de saboroso chourizo á grella. Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 20. Héctor
Ler máis
Vista Alegre pechará a Tarde Laranxa, este sábado, coa visita do campión galego, Poio Pescamar FSF, na xornada 25 de Primeira RFEF. Será ás 20.30 horas, con espectáculo de máxima emoción, para poñer a guinda tras a xornada 29 de Segunda LNFS entre a escuadra de Juanma Marrube e o Real Betis Futsal, en pugna de play off (18.00 horas -horario unificado-). “Un derbi sempre é moi emocionante e máis co que pasou na Copa Galicia, que se nos escapou no último suspiro. Por iso aínda estamos máis motivadas para ir polos tres puntos” explicaba Sara Correia, case un mes despois do envite do título irmandiño en Marín, con 4-5 co que o Poio validou o seu trono a tan só 24 centésimas do final. Tras a vitoria en Soto, as mariñás deron un pequeno paso máis cara ao cume. Empatadas con UA Alicante (57 puntos), tan só están a 2 puntos do liderado, custodiado por Atlético de Madrid Navalcarnero.  “En Soto conseguimos tres puntos moi importantes nun partido no que creo que a dificultade a puxemos nós. Defensivamente non estivemos ben e ofensivamente creamos, pero non finalizamos todo o que queriamos”, analizaba a 13 laranxa. Agora toca facer un gran traballo de concentración ante o sétimo da táboa, que chega tamén con boas sensacións tras o 5-3 fronte a Leganés: “Será difícil, coma sempre. Somos moi conscientes de que a súa calidade individual está por riva da media, destacando 2 ou 3 xogadoras. Nós queremos quedar cos tres puntos e para iso temos que estar concentradas desde o primeiro ata o último minuto, para non ter sorpresas”, advertía Sara Correia, recordando o empate 2-2 da primeira volta. A xogadora lusa vaticina unha gran tarde de fútbol sala na Bomboneira: “Xogar na casa sempre nos reforza e este sábado será mellor porque o apoio será aínda maior. Nós estaremos apoiando o masculino, con Betis, e eles estarán apoiándonos despois. Vista Alegre será unha festa” adiantaba a ala-peche. Julio Delgado e Lucas poderán dispoñer de novo da capitá, Bea Mateos, logo de cumprir o seu partido de sanción, e de Julia Forsiuk, que regresou onte da súa concentración coa Selección de Ucraína. Aliados galegos. Os outros dous ocupantes do podio tamén se medirán a rivais galegos esta xornada. Navalcarnero visitará o Ourense Envialia, sexto na táboa, e Alicante recibirá o Cidade das Burgas, penúltimo.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 29ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
16 victorias | 4 empates | 8 derrotas
Puntos acumulados: 52
Real Betis Futsal
13 victorias | 6 empates | 9 derrotas
Puntos acumulados: 45
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
21 de abril de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 14/04/2018
ElPozo Ciudad de Murcia 8 3 Elche CF
Prone Lugo AD 6 4 Tenerife Iberia Toscal
Real Betis Futsal 6 2 Manzanares FS
FS Valdepeñas 4 1 CD UMA Antequera
Bisontes Castellón 3 3 FC Barcelona B
Noia Portus Apostoli 4 5 Puertollano FS
Itea Córdoba 6 2 Rivas Futsal
Software DELSOL Mengíbar 3 3 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1FS Valdepeñas58
2ElPozo Ciudad de Murcia 55
3FC Barcelona B 54
4Pescados Rubén-Burela FS52
5Puertollano FS50
6CD UMA Antequera48
7Real Betis Futsal45
8Itea Córdoba44
9Rivas Futsal41
10Software DELSOL Mengíbar37
11Bisontes Castellón37
12Manzanares FS34
13Elche CF33
14Noia Portus Apostoli22
15Prone Lugo AD17
16Tenerife Iberia Toscal6
Goleador
Luisma
GolesXogador
21Luisma
13Matamoros
12Chus
12Renato
10Pope
9Hélder
7Colacha
6Víctor
5Héctor
1Edu
1Sergio Cora
Próximo partido
Partido pertencente á 25ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
18 victorias | 3 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 57
Pescamar Poio FS
12 victorias | 3 empates | 9 derrotas
Puntos acumulados: 39
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
21 de abril de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 14/04/2018
Móstoles FSF 8 1 Guadalcacín
Pescamar Poio FS 5 3 Leganés Masdeporte
Penya Espluges Gironella FS 1 3 Universidad de Alicante
Cidade das Burgas 2 7 Majadahonda FSF/Afar 4
Cádiz Polideportivo FSF 3 4 AD Alcorcón FSF
CD Futsi Atlético Féminas 5 1 UCAM Murcia
Jimbee Roldán FSF 0 3 Ourense Envialia
VP Soto del Real 2 3 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1CD Futsi Atlético Féminas59
2Universidad de Alicante57
3Pescados Rubén-Burela FS57
4Jimbee Roldán FSF55
5AD Alcorcón FSF49
6Ourense Envialia46
7Pescamar Poio FS39
8Móstoles FSF33
9Penya Espluges Gironella FS33
10Leganés Masdeporte32
11UCAM Murcia28
12Majadahonda FSF/Afar 424
13Guadalcacín21
14VP Soto del Real11
15Cidade das Burgas5
16Cádiz Polideportivo FSF2
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
25Cilene
19Dany
18Lara
10Bea Mateos
10Tai
8Julia
3Jenny
2Cami
2Judith
2Sofía
1Sara Correia
Patrocinadores