Publicidade
X Pechar
O novel Colo Colo Zaragoza chega mañá ao mausoleo laranxa para medirse ao líder de Segunda LNFS na xornada 10 (18.30 horas). No regreso a Vista Alegre, o Pescados Rubén buscará non só manter a súa imbatibilidade senón tamén recuperar a vitoria como local. “Vai ser complicado, levamos toda a semana traballando e concienciados de que é un partido importante para volver gañar na casa, tras o empate de Manzanares (2-2)” explicaba a Xoia Laranxa máis nova, Christian Rivas, Pitero, que tamén facía fincapé na relevancia da xornada por outros enfrontamentos da zona alta, entre o Betis Futsal (19 puntos) e o Talavera (18 puntos): “Tamén se miden o segundo e terceiro clasificados, así que se podemos sacar vantaxe será aínda mellor”, facía así referencia o burelao a apertada vantaxe dos mariñáns, con 21 puntos. O conxunto maño chega na duodécima praza e tras a derrota fronte ao Betis. “Temos que manter a nosa liña de traballo e de xogo, sendo serios de principio a fin, e non cometer erros xa que é un rival que se aproveita moito diso” advertía o 9 laranxa dun Colo Colo que está sendo mellor como visitante ca como local; dos seus 9 puntos, 6 conseguiunos a domicilio, fronte a Gran Canaria (2-3) e Tenerife (3-5), nas xornadas 4 e 8. “A defensa é o noso gran sustento e a partir de aí o ataque chega só; temos que seguir así e intentar non coñecer a palabra derrota”, puntualizaba Pitero na súa primeira tempada como xogador sénior: “Estou moi feliz, Juanma estame dando a súa confianza e eu intento aproveitalo para seguir aprendendo, ademais estou tendo fortuna nos goles. Tan só espero seguir así para axudar en todo o que poida ao equipo”, recoñecía o ala-pivote, que coas dúas dianas do triunfo ante Rivas (2-5) da semana pasada xa leva 5, empatado con Matamoros e Pope, e por detrás dos 6 do pichichi,Juanfran. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Lucho, 5. Luisma, 7. Porto, 9. Pitero, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 23. Imanol, 30. Hélder Convocatoria Colo Colo Zaragoza: 2. Diego Pardo, 5. Fran Tabuenca, 7. Juan Muniesa, 8. Daniel Meseguer, 9. Adán Fonfría 'Zucho', 10. Víctor Berges, 11. Alejandro Pasamón, 13. Guillermo Vela, 16. Santi Basmalís, 18. Carlos Sampedro, 21. Carlos García, 22. Pablo Trasobares
Ler máis
O segundo duelo galego da primeira volta para as Guerreiras Laranxas volverá ser a domicilio, na pista do Poio Pescamar FSF. O pavillón da Seca acollerá a xornada 8 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo ás 18.30 horas, entre o liderado burelista, con pleno de vitorias, e a sétima praza das pontevedresas, con emisión a través da web de Televisión de Galicia. “Os derbis sempre son partidos moi competidos e Poio é un rival que na súa casa é moi duro de bater. Esperamos un encontro moi complicado que se decidirá por pequenos detalles” explicaba a viveirense Lara Balseiro, facendo referencia ao enfrontamento de pretempada entre ambas as escuadras: “O partido de presentación do Poio, en setembro, xa se decidiu por pequenas cousas e nos minutos finais (1-3). É un equipo que ten xogadoras moi habilidosas que nos obrigarán a estar concentradas os corenta minutos e a dar todo de nós para continuar con esta boa racha” advertía a 10 burelista, destacando tamén o bo comezo do Poio, que recibirá as da Mariña con 12 puntos e tan só 5 xornadas disputadas, nunha excelente traxectoria que soamente o actual campión puido parar ata o momento: “Está facendo moi boa tempada, só perdeu puntos en Roldán, a semana pasada, que tamén é unha cancha moi difícil”. “A nosa máxima é sempre mellorar, día a día, independentemente do rival. A semana pasada, con Penya Esplugues (3-0), fixemos un bo partido, pero non valerá de nada se este sábado non facemos o mesmo. Queremos medrar xornada a xornada para poder seguir sendo líderes, ata o final”, concluía Lara. As internacionais Peque e Luci incorporaranse esta tarde ao traballo do equipo, tras a concentración coa Selección Española en Níjar, con dous compromisos ante Rusia; a coruñesa Luci non puido xogar por unha escordadura de nocello nos adestramentos previos aos amigables. Bea Mateos e Cami continúan cos seus procesos de recuperación. Mañá, a escuadra mañá pechará a preparación da semana ás 11.00 en Marzán.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS e o CD Lugo deron a coñecer esta mañá un convenio de colaboración co que ambas as entidades estreitan a súa relación para favorecer o crecemento social, económico e deportivo na provincia. O presidente laranxa, Manuel Blanco, reuniuse co seu homólogo albivermello, Tino Saqués, na sala de prensa do estadio lugués Anxo Carro, para o presentar o acordo. Manuel Blanco e Tino Saqués trasladaron a ilusión do inicio dun proxecto no que Lugo e A Mariña construirán unha sólida ponte de unión. “Como reza o lema da nosa campaña, A Unión fai Forza, e este acordo é un reflexo. Ambas as entidades levamos con orgullo o nome das nosas cidades e realizaremos accións conxuntas para que os nosos socios poidan achegarse a outro deporte; facilitaremos bonificacións para os socios de cada club” explicaba o presidente do Lugo, co que Manuel Blanco coincidía: “Xuntos poderemos promover as dúas referencias deportivas de Lugo, de fútbol e fútbol sala, por toda a provincia. Traballaremos para impulsar peñas conxuntas e esperamos ir medrando xuntos pouco a pouco”. O convenio entre ambos os clubs contempla distintas sinerxias como eventos conxuntos, accións de Responsabilidade Social Corporativa compartidas, accións de bonificación de entradas e captacións especiais de socios ou a creación do "Día de Burela" e o "Día do CD Lugo", unha acción mediante a cal os socios de ambas as entidades poderán asistir a un partido de Liga no Anxo Carro e en Vista Alegre. Ademais, mediante o acordo subscrito, o Pescados Rubén Burela FS promoverá a creación da Peña CD Lugo Burela, un acontecemento de grande importancia para a estratexia da entidade albivermella de chegar a todos os recunchos da provincia de Lugo. Ambas as entidades axuntarán forzas tamén a través das canles sociais creando contido conxunto co fin de interaccionar cos afeccionados de ambos clubs. Xornada de convivencia Como inicio da andadura conxunta entre Pescadso Rubén Burela e CD Lugo, os equipos sénior laranxas visitaron pola tarde o campo de adestramento do Ceao para coñecer máis de cerca a dinámica de traballo do equipo de Segunda División Masculina de Fútbol, así como o PM Friol CD Lugo, en Segunda Feminina. As escuadras laranxas completaron a xornada cunh sesión de portas abertas no municipal da cidade amurallada.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 10ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
6 victorias | 3 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 21
Colo Colo Zaragoza
3 victorias | 0 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 9
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
17 de novembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 10/11/2018
Soliss FS Talavera 2 1 Dimurol S. Tenerife
Noia Portus Apostoli 4 0 ElPozo Ciudad de Murcia
Itea Córdoba 5 2 Bisontes Castellón
Santiago Futsal 0 1 Manzanares FS
Axa Ita Port Elche CF 7 4 Software DELSOL Mengíbar
FC Barcelona B 3 1 Gran Canaria FS
Rivas Futsal 2 5 Pescados Rubén-Burela FS
Colo Colo Zaragoza 1 8 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS21
2Real Betis Futsal19
3Soliss FS Talavera18
4Manzanares FS18
5Software DELSOL Mengíbar17
6ElPozo Ciudad de Murcia 16
7FC Barcelona B 15
8Axa Ita Port Elche CF15
9Itea Córdoba14
10Bisontes Castellón10
11Colo Colo Zaragoza9
12Gran Canaria FS8
13Noia Portus Apostoli8
14Rivas Futsal7
15Santiago Futsal7
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Juanfran
GolesXogador
6Juanfran
5Matamoros
5Pitero
4Pope
4Renato
3Luisma
3Porto
2Hélder
2Lucho
1Edu
Próximo partido
Partido pertencente á 8ª xornada
Pescamar Poio FS
4 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 12
Pescados Rubén-Burela FS
7 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 21
Cancha de xogo:
Municipal de Poio
Data:
17 de novembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 10/11/2018
Jimbee Roldán FSF 3 1 Pescamar Poio FS
Móstoles FSF 2 2 CD Futsi Atlético Féminas
Leganés Masdeporte 1 2 Universidad de Alicante
Guadalcacín 4 3 Majadahonda FSF/Afar 4
AD Sala Zaragoza 2 10 AD Alcorcón FSF
Femisport Palau Club 1 4 UCAM Murcia
Viaxes Amarelle F.S. 0 3 Ourense Envialia
Pescados Rubén-Burela FS 3 0 Penya Espluges Gironella FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS21
2CD Futsi Atlético Féminas17
3Penya Espluges Gironella FS16
4AD Alcorcón FSF15
5Ourense Envialia15
6Jimbee Roldán FSF14
7Pescamar Poio FS12
8Universidad de Alicante10
9UCAM Murcia10
10Móstoles FSF8
11Majadahonda FSF/Afar 47
12Leganés Masdeporte5
13Guadalcacín3
14AD Sala Zaragoza1
15Femisport Palau Club0
16Viaxes Amarelle F.S.0
Goleadora
Cristina
GolesXogadora
7Cristina
7Dany
3Jenny
3Lara
3Luci
2Alves
2Cilene
1Peque
Patrocinadores