Publicidade
X Pechar
Vista Alegre foi testemuña esta tarde dun Pescados Rubén Burela FS que deu un paso adiante en verticalidade, aínda que tamén con certos erros nos últimos metros, ante o novel Xaloc, un rival moi entregado que apelou á intensidade en defensa para mitigar a ofensiva galega, con 4-0 final. Por diante queda unha semana de dobre compromiso a domicilio para as mariñás, coa ida de semifinais de Copa Galicia o martes na Coruña con Viaxes Amarelle FSF (12.00 horas) e a xornada 22 o sábado na pista de STV Roldán (12.00 horas, en directo 7TV). Toñi tivo que aplicarse a fondo ante a avalancha das Guerreiras. Peque e Cilene foron as primeiras en merodear a meta alicantina; a pichichi burelista asediou sen tregua; Luci e Jenny tamén rozaron o pau. Por fin, no 9, as mariñás abriron a lata, con firma de Jenny Lores que quedou diante da portería baleira ante a saída de Toñi fronte a Dany, en banda contraria; antes Ángela tivera a primeira con perigo con excelente resposta de Jozi. Peque, no 12, selou o gol da xornada cunha maxistral vaselina pola banda, desde case media pista, e tras sortear a tentativa defensiva do Xaloc. A xoia da Fervenza, Cris Lourés, estreou a súa conta laranxa rematando na liña de meta a ocasión de Jenny Lores. O pau evitou o cuarto, nas zapatillas da 21 mariñá, a 18 segundos para o descanso. Menos fortuna nos metros finais tiveron as de Julio Delgado e Lucas no segundo acto. Avisou Lara Balseiro, esperando ao segundo pau Cristina, no 24. Pero pouco se fixo esperar o 4-0; no 25, Peque volveu facer acto de presenza, a pase de Jenny Lores, coa rede libre. Lucía Paz, tan só dous despois, resolveu moi ben para manter a portería galega a cero, ante Miriam, practicamente na única das visitantes. Unha e outra vez, a ofensiva do Pescados Rubén bateu contra a meta do pechacancelas, cunha defensa que pelexou ata o último balón: Jenny, Jenny Lores, Dany, Cris Lourés... Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cristina, Cilene, Peque, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Jenny Lores, Dany, Luci, Cris Lourés, Lucía Paz Xaloc Alacant FS: Toñi, Eva, More, Miriam, Ángela, cinco inicial; tamén xogaron Tere, Sáez, Lydia, Claudia, Elena Goles: 1-0, minuto 9, Jenny Lores; 2-0, minuto 12, Peque; 3-0, minuto 18, Cris Lourés; 4-0, minuto 25, Peque Árbitros: Rodríguez Castro // Fernández Vega. Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 de Primeira División disputado en Vista Alegre antes uns 400 espectadores.
Ler máis
Merecíano os pupilos de Juanma Marrube e conseguírono. A Alma Laranxa tirou esta noite de cabeza e corazón para suplir o cansazo pola esixencia do calendario e as ausencias, reencontrándose coa vitoria na sólida pista do Servigroup Peñíscola (2-4). Co alento do primeiro triunfo desta segunda volta, por diante toca a terceira semana de dobre compromiso para os galegos, pero en Vista Alegre, coa ida de semifinais de Copa Galicia ante O Parrulo FS o martes (20.30 horas, entrada gratuita) e a xornada 23 ante o titánico FC Barcelona o sábado (17.00 horas, Día do Club). O Pescados Rubén Burela reafirmou hoxe que se lle dá ben o conxunto valenciano. Álex Diz e Pixote déronlle forza e confianza ao equipo, asinando o 0-2 xa no minuto 6. Os de Juanlu Alonso souberon facer dano; reduciron distancias no 9, con Paniagua, e recuperaron as táboas no 17, cunha contra desde media pista de Xavi Cols. Con todo, pouco durou a ledicia local; Eto’o, no seu debut na liga española, devolveu a iniciativa aos mariñáns no 18, cazando un centro. O conxunto galego viviu os últimos compases antes do descanso con Álex Diz como porteiro xogador. No segundo tempo aos burelistas resistíuselles a portería, pero tamén souberon sufrir para manter a salvo a renda. Lucho fronte a Xavi Cols e Molina e máis tarde Álex Diz, nunha picada, foron os primeiros en avisar sobre a rede valenciana. O xogador do Corgo volveu facer acto de presenza por partida dobre e con moito perigo antes da medianía do segundo acto. Molina estivo atento máis tarde ante Luisma, pero Edu tampouco quixo renunciar ao protagonismo; o naronés mantivo a vantaxe dos do Mariskal fronte a Claudino, en máis dunha ocasión e despois nunha de ouro de Xavi Cols, entre as máis destacadas. Preparouse Paniagua para o xogo de cinco, con tres minutos por diante, pero foi Joselito o que completou a vitoria na recta final desde pista mariñá, co definitivo 2-4, nunha recuperación. Ficha técnica Servigroup Peñíscola FS: Molina, Xavi Cols, Paniagua, Josiko, A. Claudino, cinco inicial; tamén xogaron R. Orzáez, Tuli, Dani Montes, Miguel Fernández, Iván Rumbo, Isi Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Luisma, Renato, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Pixote, Pope, Xande, Pitero, Eto’o Goles: 0-1, minuto 3, Álex Diz; 0-2, minuto 6, Pixote; 1-2, minuto 9, Paniauga; 2-2, minuto 17, Xavi Cols; 2-3, minuto 18, Eto’o; 2-4, minuto 34, Joselito Árbitros: García-Donas Salvador // Moreno Millán. Por Peñíscola amarela para Miguel (minuto 10), Claudino (minuto 15), Josiko (minuto 37), Paniagua (minuto 40). Por Burela amarela para Xande (minuto 7), Álex Diz (minuto 9), Lucho (minuto 23), Pitero (minuto 33) Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Primeira División disputado no municipal de Peñíscola
Ler máis
As Guerreiras Laranxas reciben mañá o novel Xaloc Alacant en Vista Alegre para celebrar o Entroido coa xornada 21 (18.30 horas). Desde a segunda praza (55 puntos), o Pescados Rubén Burela FS medirase a un rival ao que lle está custando a elite e que pecha a táboa, con 3 puntos. “O equipo ten ganas de callar un bo partido en Vista Alegre. Vimos dunha excelente saída; despois do partido de Copa -un pouco máis escuro-, a semana pasada en Leganés a imaxe foi diferente, cumprindo con todo o que nos pedía o míster”, explicaba así Cristina as sensacións do vestirario laranxa tras o triunfo 2-6, con firma de dobre diana da murciana. “Temos confianza e ganas de dar un bo espectáculo na casa. Non creo que Xaloc nos vaia a poñer as cousas tan doadas como pode indicar a clasificación. É un equipo que na casa ten marcadores axustados; vén de perder 2-3 con Zaragoza e na súa última saída, a Roldán, perdeu só de 2 goles”, advertía a 5 burelista, recoñecendo o bo traballo da semana para que mañá brille o laranxa: “Seguimos con algunha baixa, pero foi unha semana moi boa de adestramentos. Xa imos tendo incorporacións, aínda que algunhas sexan paulatinas; podémolo suplir coa nosa amplitude de persoal”. Se así o estima o corpo técnico, este será o sétimo partido de liga para a pivote; xa queda atrás a lesión de xeonllo que a afastou a tempada pasada das pistas: “Cada vez estou mellor, con máis ritmo; ao principio faltábame un pouco. Os minutos estanme dando confianza e axúdanme a mellorar en fondo. Espero estar ao cento por cento en pouco tempo”. Ás ausencias de Ana Romero, Cami, Bea Mateos e Ale de Paz, sumarase Jane, por unha sobrecarga. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cris Lourés, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 13. Lucía Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS xa sabe o que é gañar a Servigroup Peñíscola e pelexará ata a extenuación por repetir guión este venres no municipal da localidade valenciana para pechar con boas sensacións esta semana de máxima esixencia e recuperar alento no soño laranxa. A cita da xornada 22 está prevista para as 21.00 horas. Este será o cuarto compromiso para os de Juanma Marrube en tan só dez días, tras o desprazamento de Copa do Rei a Barcelona, a visita de ElPozo a Vista Alegre e a saída a Valdepeñas. “Foi unha semana moi dura de competición. Esperamos que nos pase a menor factura posible, aínda que é difícil non acusar o cansazo e que non aparezan molestias, máis ou menos preocupantes” advertía Pope, facendo referencia tamén á retirada de Matamoros o martes ante Valdepeñas por unha forte dor no xemelgo; o 10 burelista está pendente das probas que realizará mañá, grazas ás facilidades brindadas polos servizos médicos do Peñíscola FS. “É un equipo novo, coma nós. Leva o partido a idas e vindas, cun ataque bastante rápido e eficaz e con defensa bastante ordenada. Váinolo poñer moi difícil, saca moitos puntos na casa” advertía o 14 laranxa, dunha pista na que só conseguiron vitorias Levante e Valdepeñas, con 6-7 e 4-5 respectivamente, ademais dos empates de Aspil (4-4) e Jaén (3-3); o punto dos xienenses é o único que escapou do municipal de Peñíscola nesta segunda volta. Os mariñáns sumaron a primeira vitoria na elite fronte a Peñíscola, con 2-1, que ocupa agora mesmo a décima praza, con 25 puntos. “Agardamos un partido igualado, similar ao da primeira volta, aínda que nesta ocasión serán eles os que teñan o apoio da súa afección e iso moitas veces supón máis dun gol e ata os tres puntos” advertía o peche catalán da escuadra que dirixe un gran coñecido das filas do Pescados Rubén, Juanlu Alonso, que recibirá aos galegos co gran triunfo, 3-2, ante todo un Palma Futsal. O conxunto do Mariskal, que xa viaxou o martes desde Valdepeñas a Peñíscola, realizará o último adestramento mañá ás 11.00 no municipal da localidade valenciana. Expedición Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 9. Pitero, 10. Matamoros, 12. Renato, 13. Pixote, 14. Pope, 15. Xande, 16. Eto'o, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 23ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
3 victorias | 4 empates | 14 derrotas
Puntos acumulados: 13
FC Barcelona
15 victorias | 3 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 48
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
29 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 22/02/2020
Jaén Paraíso Interior 4 2 Jimbee Cartagena FS
Movistar Inter 0 0 Levante UD FS
Viña Albali Valdepeñas 3 3 CA Osasuna Magna
FC Barcelona 0 0 Córdoba Patrimonio
O Parrulo Ferrol 0 0 Aspil Jumpers Ribera
ElPozo Murcia 4 4 Industrias Santa Coloma
Fútbol Emotion Zaragoza 0 0 Palma Futsal
Servigroup Peñíscola 2 4 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter50
2FC Barcelona 48
3Viña Albali Valdepeñas45
4ElPozo Murcia44
5Palma Futsal37
6CA Osasuna Magna36
7Jaén Paraíso Interior33
8Levante UD FS31
9O Parrulo Ferrol26
10Servigroup Peñíscola25
11Jimbee Cartagena FS24
12Industrias Santa Coloma24
13Córdoba Patrimonio16
14Fútbol Emotion Zaragoza14
15Aspil Jumpers Ribera13
16Pescados Rubén-Burela FS13
Goleador
Matamoros
GolesXogador
13Matamoros
5Álex Diz
5Luisma
3Joselito
2Everton (CEDIDO A CEUTA -2020-)
2Lucho
2Pope
2Renato
1Eto'o
1Juanfran (CEDIDO A CEUTA -2020-)
1Pitero
1Pixote
Próximo partido
Partido pertencente á 22ª xornada
Roldán FSF
8 victorias | 3 empates | 9 derrotas
Puntos acumulados: 27
Pescados Rubén-Burela FS
19 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 58
Cancha de xogo:
-
Data:
29 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 22/02/2020
AD Alcorcón FSF 0 0 Leganés Masdeporte
Ourense Envialia 0 0 Bilbo FS
UCAM ElPozo Murcia 0 0 Pescamar Poio FS
AD Sala Zaragoza 0 0 Roldán FSF
CD Futsi Atlético Navalcarnero 0 0 Majadahonda FSF/Afar 4
Penya Esplugues Gironella FS 0 0 Cidade das Burgas
Universidad de Alicante 6 3 Móstoles FSF
Pescados Rubén-Burela FS 4 0 Xaloc Alacant A
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero60
2Pescados Rubén-Burela FS58
3Ourense Envialia50
4AD Alcorcón FSF44
5Pescamar Poio FS35
6Universidad de Alicante33
7Penya Esplugues Gironella FS32
8Móstoles FSF29
9AD Sala Zaragoza29
10Roldán FSF27
11UCAM ElPozo Murcia25
12Leganés Masdeporte15
13Majadahonda FSF/Afar 414
14Cidade das Burgas11
15 Bilbo FS6
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
17Peque
12Jenny Lores
11Ale de Paz
9Jenny
8Dany
7Jane
6Cilene
4Bea Mateos
4Cristina
4Lara
3Luci
1Cris
1Jozi
Patrocinadores