Publicidade
X Pechar
As Guerreiras Laranxas continúan o seu periplo no cume con paso firme, volverán á casa unha xornada cos tres puntos, nunha tarde na que Leganés Masdeporte resistíuselles. O Pescados Rubén Burela FS dispuxo da afinación necesaria no reinicio, tras un primeiro acto con táboas 1-1. Cun bo inicio, aínda que sen definición, as pupilas de Julio Delgado e Lucas adiantáronse no minuto 14, con Luci ao segundo pau, tras pase de Jenny. Parecía que se encamiñaba a cita, con todo, pouco tardou o Leganés en recuperar táboas, na súa única ocasión de perigo sobre Ana Romero, a través de Bea, tras un rexeite. Superado o ecuador da segunda parte, as mariñás conseguiron darlle comodidade ao marcador en tan só un minuto; no 32 Cami transformou o penalti cometido sobre Peque e no 33 foi a propia 7 burelista a encargada de recuperar e finalizar o 1-3. O Leganés intentou recuperarse con xogo de cinco, ante unha boa resposta da defensa galega e de Jozi -sen apenas perigo-. Peque, a pase de Dany, volveu sacar brillo ás súas zapatillas para subir o definitivo 1-4, no último minuto da contenda. Ficha técnica Leganés Masdeporte: Elisa, Patry Montilla, Elena, Chuli, Marina, cinco inicial; tamén xogaron Laura, Ampi, Mali, Bea, Lucía, Saki Pescadso Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Cami, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Popó, Bea Mateos, Lara Balseiro, Jozi Goles: 0-1, minuto 14, Luci; 1-1, minuto 15, Bea; 1-2, minuto 32, Cami (penalti); 1-3, minuto 33, Peque; 1-4, minuto 39, Peque Árbitros: Del Olmo Martínez // Panadero Díaz-Concha. Por Leganés amarela a Elena (minuto 1). Por Burela amarela a Jenny (minuto 33) Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en La Fortuna.
Ler máis
Vista Alegre foi testemuña dun paso máis para o líder nesta recta final de Segunda cara á elite, grazas á eficacia na finalización e a un gran traballo de Edu baixo paus. O Pescados Rubén Burela FS conseguiu unha vitoria moi traballada fronte a un Rivas Futsal (5-2) que plantou cara e contaxiou aos de Juanma Marrube dun xogo de pulos, chegando a desdebuxar a orde laranxa en numerosas fases. Tan só lle fixeron falta 6 segundos aos mariñáns para poñerse por diante, sorprendendo Porto as filas de Juan José Lozano nada máis comezar. Con todo a vantaxe non lles proporcionou calma e serenidade aos laranxas, que tiveron que sufrir máis do esperado na primeira parte, caendo nas transicións rápidas dos visitantes. Así chegou o Rivas no minuto 6 para poñer táboas, con Daniel a pase de Samu. Juanfran, moi incisivo esta tarde, recuperou a distancia no luminoso tan só dous minutos despois, nun disparo raso que fixo tremer a portería. Tras dúas intervencións sublimes do naronés para manter a renda ante Samu e Ballano e cun rival disposto a ser implacable no roubo de balón, os de Juanma Marrube perdoaron demasiado en finalización antes do descanso, con R. Vargas, Lucho e Luisma, e ata unha vaselina de Matamoros, que se estrelou contra o largueiro. Volveron ao parqué ambas as escuadras cunha gran presión defensiva. Os pupilos do Mariskal conseguiron conter as ocasións do Rivas, aínda que tamén estiveron condicionados pola imprecisión nos últimos metros. O terceiro burelista asinouno R. Vargas, superado o ecuador da segunda parte, recibindo e facendo un sombreiro para anotar entre as pernas de Juan Conde. Aínda que pouco tardaron en reaccionar os madrileños, nunha estratexia culminada por Daniel, segundos despois (3-2). A falta de tres minutos para o final saíu Edu ante J. De Quadros para frear co corpo o que podería ser o empate, nunha falta de entendemento dos locais, e acto seguido soubo aproveitar Juanfran para subir o 4-2 nun contragolpe con gran definición. Reaccionaron os de Juan José Lozano con xogo de cinco liderado por Fran Conde. Responderon os laranxas con Matamoros para selar a vitoria a 23 segundos da bucina. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Porto, Renato, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Juanfran, Pope, R. Vargas, Matamoros, Joselito Rivas Futsal: Fernández, Dani Gómez, Jorge Lázaro, J. De Quadros, Fran Conde, cinco inicial; tamén xogaron Ballano, Daniel, Samu, Chicho, Rubio, Alberto, Juan Conde Goles: 1-0, minuto 1, Porto; 1-1, minuto 6, Daniel; 2-1, minuto 8, Juanfran; 3-1, minuto 31, R. Vargas; 3-2, minuto 32, Daniel; 4-2,minuto 37, Juanfran; 5-2, minuto 40, Matamoros Árbitros: Gómez de Salazar // Ontañón Ramos (Colexio Vasco e Castelán-leonés). Por Rivas amarela para Rubio (minuto 27), Daniel (minuto 29). Incidencias: Partido correspondente á xornada 24 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante uns 1000 afeccionados/as.
Ler máis
As Guerreiras Laranxas visitarán a pista do Leganés Masdeporte FSF este sábado na xornada 21 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, con tres puntos en xogo de obxectivos diferentes, entre a defensa do liderado do Pescados Rubén Burela FS (57 puntos) e a duodécima praza das madrileñas (16 puntos), intentando afastarse dos postos de perigo. A cita arrincará ás 18.00 horas no pavillón municipal de La Fortuna. “Foi unha semana dura, estamos adestrando moito para facer un bo partido o sábado. Temos que manter o noso ritmo para agarrar eses tres puntos e que o obxectivo da primeira praza siga de momento intacto” advería Tais Alves, logo da importante vitoria ante Jimbee Roldán (3-2) nunha cita sufrida. A de Julio Delgado e Lucas viaxan con cautela á pista do Leganés, un rival que quererá acabar coa etapa de tres xornadas sen puntuar (Ourense Envialia 3-1, Jimbee Roldán 3-7 e UCAM 6-3), unha das peores da tempada, aínda que as mariñás tamén ten que puír erros: “En Leganés esperamos poder manter a nosa intensidade en todo o encontro, que non se repita o baixón da semana pasada na segunda parte, para non sufrir. A domicilio os encontros sempre son difíciles, por iso temos que manter concentración plena” explicaba a ala brasileira. A expedición, sen Cilene nin Cristina -por lesión-, partirá este mediodía, ás 14.30 horas, con rumbo a terras madrileñas. Convocatoria Leganés Masdeporte: Sandra, Chuli, Lucía, Elisa, Marina Pinteño, Patri, Saki, Ampi, Laura Uña, Mali, Bea Torija, Elena Aragón Expedición Pescados Rubén Burela FS. 1. Jozi, 3. Dany, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 18. Popó, 19. Luci A tres, segue o Futsi Seguindo o ronsel das laranxas, o Futsi (54 puntos), visitará ao penúltimo da táboa, Sala Zaragoza.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 25ª xornada
Colo Colo Zaragoza
8 victorias | 1 empates | 15 derrotas
Puntos acumulados: 25
Pescados Rubén-Burela FS
17 victorias | 6 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 57
Cancha de xogo:
Siglo XXI
Data:
23 de marzo de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 16/03/2019
Software DELSOL Mengíbar 6 0 Axa Ita Port Elche CF
Manzanares FS 4 3 Santiago Futsal
Gran Canaria FS 0 0 FC Barcelona B
Bisontes Castellón 0 5 Córdoba CF Futsal
Dimurol S. Tenerife 3 3 Soliss FS Talavera
Pescados Rubén-Burela FS 5 2 Rivas Futsal
Real Betis Futsal 2 1 Colo Colo Zaragoza
ElPozo Ciudad de Murcia 5 0 Noia Portus Apostoli
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS57
2Real Betis Futsal51
3Software DELSOL Mengíbar51
4Manzanares FS46
5ElPozo Ciudad de Murcia 43
6FC Barcelona B 41
7Córdoba CF Futsal38
8Santiago Futsal33
9Rivas Futsal31
10Bisontes Castellón30
11Soliss FS Talavera29
12Gran Canaria FS25
13Colo Colo Zaragoza25
14Axa Ita Port Elche CF20
15Noia Portus Apostoli19
16Dimurol S. Tenerife3
Goleador
Matamoros
GolesXogador
20Matamoros
12Juanfran
11Renato
8Hélder
8Pope
8R. Vargas
6Luisma
6Pitero
5Iago Míguez
5Lucho
4Porto
2Edu
2Joselito
Próximo partido
Partido pertencente á 22ª xornada
Penya Espluges Gironella FS
11 victorias | 2 empates | 8 derrotas
Puntos acumulados: 35
Pescados Rubén-Burela FS
20 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 60
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes
Data:
23 de marzo de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 16/03/2019
Guadalcacín 0 0 Pescamar Poio FS
AD Sala Zaragoza 2 7 CD Futsi Atlético Féminas
Móstoles FSF 3 3 Majadahonda FSF/Afar 4
Viaxes Amarelle F.S. 1 7 AD Alcorcón FSF
Universidad de Alicante 3 1 UCAM Murcia
Femisport Palau Club 0 4 Ourense Envialia
Jimbee Roldán FSF 5 0 Penya Espluges Gironella FS
Leganés Masdeporte 1 4 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS60
2CD Futsi Atlético Féminas57
3Jimbee Roldán FSF44
4Pescamar Poio FS41
5AD Alcorcón FSF40
6Ourense Envialia39
7Penya Espluges Gironella FS35
8Universidad de Alicante34
9Móstoles FSF29
10UCAM Murcia29
11Majadahonda FSF/Afar 424
12Leganés Masdeporte16
13Guadalcacín14
14Viaxes Amarelle F.S.13
15AD Sala Zaragoza6
16Femisport Palau Club1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
18Peque
15Dany
12Cristina
12Luci
8Cilene
7Cami
6Jenny
6Lara
5Alves
1Bea Mateos
Patrocinadores