Publicidade
X Pechar
Os máis dos 150 nen@s que forman a base do Pescados Rubén Burela FS aprenden, fórmanse e gozan do fútbol sala no curso 2019-20 con 12 adestrador@s e 15 delegad@s. O director da Escola Laranxa, Alfonso Mera, coida dos máis pequen@s, de 3 anos, na categoría Chupete. Pola súa banda o coordinador da base, Christian Fustes, adestra o equipo de División de Honra Xuvenil, con Samuel Basanta como delegado, e o Alevín A, de Liga Autonómica, con Mariela Paz e Jesús Rodríguez. Míchel Couceiro, técnico de portería de Primeira División Masculina, encárgase de Primeira Galicia Feminina, co apoio José Miguel Bolaños e Carlos González. Mario Pillado dirixe o Cadete, en Autonómica, con Manuel Rivas como delegado, e o Benxamín B, con Álvaro Gastón Trillo. O Infantil Feminino estréase na estrutura burelista con David Riveira, co apoio no banco de Xela Bernardo e a axuda de Francisco Javier Muñoz e Cándido Eijo, ademais tamén dirixe o Infantil Masculino, con José López. O Alevín B e C, en Deporte Escolar, adestran da man de Jairo Campo, coa colaboración de Jesús Rodríguez e Ángela García. Un dos técnicos de Primeira División Feminina, Iván Cao, forma o Benxamín A, con Carmelo Pernas. A categoría Prebenxamín aprende cos xogadores de Primeira Luisma e Bea Mateos, con Diego López. Xunto a Pablo Díaz, con David Rodríguez, incorpóranse en Biberóns Carlos Moreno como monitor e José Manuel González como delegado. No presente curso, as Xoias Laranxas asolagarán o fútbol sala da Mariña, de Lugo e de Galicia cun todal 13 equipos que compoñen as 8 categorías, entre os 3 e os 18 anos, entre Chupete e Xuvenil, ademais de Primeira Galicia Feminina. División de Honra, Autonómica, Deporte Escolar… A base burelista xa está gozando sobre as pistas de todas as competicións, agás das Ligas Biberón e Prebenxamín da RFGF e a Fundación Imdecum, que arrincarán a vindeira semana.
Ler máis
O Alcorcón, que chegaba a Vista Alegre na cuarta praza, freou esta tarde a trayectoria de tres en tres do Pescados Rubén Burela FS (2-2), que pelexou sen descanso fronte a un rival que se dedicou a non deixar xogar e a aproveitar os seus erros. Ás mariñás custoulles entrar na correcta defensa en media pista das alfareiras, que se beneficiaron da efectividade das súas galegas, Nere Moldes e Vane Sotelo, para poñerse por diante na primeira parte e igualar a contenda na segunda. Estela mantivo ás visitantes no partido, facendo fronte ata ao xogo de cinco burelista na recta final. Ambas as filas tentearon a rede rival sen demasiada énfase, pero aos poucos e cun Alcorcón apertando en defensa as laranxas estaban afinando en perigo. No catro, Peque intentouno cun balón alto que chegou frouxo ás mans de Estela, despois probou Jane, de novo con intervención da meta madrileña. Con todo, foi Nere Moldes a encargada de abrir a lata en Vista Alegre culminando unha rápida transición, tan só un minuto despois. Pelexaron e pelexaron as mariñás para igualar a contenda ante un Alcorcón sólido. Jane avisou por partida dobre e por fin subiu ao electrónico o 1-1, cunha contra iniciada por Peque, que cedeu cara atrás para sentenza de Ale de Paz. Serviu de revulsivo o tanto laranxa; as burelistas meteron unha marcha máis e Ale a punto estivo de anotar o segundo en menos dun minuto. Aínda que houbo que esperar ata o 15, cun rexeite cazado por Luci, tras tentativa de Peque nunha perda e posterior recuperación da 7 burelista. Luci e Cilene aínda dispuxeron de ocasións para ampliar a fenda antes do descanso. O Alcorcón regresou enchufado. Ale de Paz freou ás visitantes nos primeiros segundos, pero o 2-2 non se fixo esperar; Vane Sotelo asinouno no 22, gañando a partida ás filas mariñás, nun roubo, e sorteando a Jozi, adiantada, con tentativa infrutuosa de Bea Mateos por frear o disparo. Insistiron ata a extenuación as Guerreiras, con gran protagonismo de Jane nos últimos metros. Con case tres minutos por diante, Bea Mateos liderou o xogo de cinco. Cilene e Jane a punto estiveron de anotar o terceiro a falta de 45 segundos e Dany freou a contra. Volveu tela Cilene pero fíxoselles demasiado tarde ás mariñás para apropiarse dos tres puntos. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jenny, Jane, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Dany, Bea Mateos, Ale de Paz, Lara Balseiro, Luci, Jozi AD Alcorcón FSF: Estela, Ballesteros, Paula, Irene Samper, Vane Sotelo, cinco inicial; tamén xogaron Nere Moldes, Aída de Miguel, Carmen Alonso, Pipi Goles: 0-1, minuto 5, Nere Moldes; 1-1, minuto 11, Ale de Paz; 2-1, minuto 15, Luci; 2-2, minuto 22, Vane Sotelo Árbitros: Guntín Garrido // Corral Martínez. Por Burela amarela a Luci (minuto 18), Dany (minuto 39) Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de Primeira División disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, ante unhas 700 persoas.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 10ª xornada
O Parrulo Ferrol
3 victorias | 2 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 11
Pescados Rubén-Burela FS
1 victorias | 2 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 5
Cancha de xogo:
Pabellón Polideportivo de A Malata
Data:
23 de novembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 16/11/2019
Movistar Inter 1 1 Viña Albali Valdepeñas
CA Osasuna Magna 3 2 Servigroup Peñíscola
Industrias Santa Coloma 3 6 FC Barcelona
Palma Futsal 1 2 Jaén Paraíso Interior
Levante UD FS 3 5 ElPozo Murcia
Jimbee Cartagena FS 4 1 Aspil Jumpers Ribera
Pescados Rubén-Burela FS 2 2 Fútbol Emotion Zaragoza
Córdoba Patrimonio 3 2 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1FC Barcelona 24
2Movistar Inter23
3ElPozo Murcia19
4CA Osasuna Magna15
5Palma Futsal14
6Viña Albali Valdepeñas13
7Jaén Paraíso Interior13
8Jimbee Cartagena FS12
9Servigroup Peñíscola11
10O Parrulo Ferrol11
11Levante UD FS10
12Córdoba Patrimonio10
13Aspil Jumpers Ribera8
14Industrias Santa Coloma8
15Fútbol Emotion Zaragoza6
16Pescados Rubén-Burela FS5
Goleador
Luisma
GolesXogador
3Luisma
3Matamoros
2Álex Diz
1Everton
1Joselito
1Juanfran
1Lucho
1Pope
1Renato
Próximo partido
Partido pertencente á 11ª xornada
Penya Espluges Gironella FS
6 victorias | 1 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 19
Pescados Rubén-Burela FS
9 victorias | 1 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 28
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes
Data:
23 de novembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 16/11/2019
Cidade das Burgas 1 1 Bilbo FS
Majadahonda FSF/Afar 4 1 5 Pescamar Poio FS
Roldán FSF 1 9 CD Futsi Atlético Navalcarnero
Xaloc Alacant A 2 9 Universidad de Alicante
Pescados Rubén-Burela FS 2 2 AD Alcorcón FSF
Leganés Masdeporte 3 5 UCAM ElPozo Murcia
Móstoles FSF 2 2 Ourense Envialia
AD Sala Zaragoza 4 1 Penya Espluges Gironella FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero30
2Pescados Rubén-Burela FS28
3Ourense Envialia25
4AD Alcorcón FSF22
5Pescamar Poio FS19
6Penya Espluges Gironella FS19
7AD Sala Zaragoza17
8Universidad de Alicante15
9UCAM ElPozo Murcia13
10Móstoles FSF10
11Roldán FSF10
12Leganés Masdeporte7
13Majadahonda FSF/Afar 47
14 Bilbo FS5
15Cidade das Burgas4
16Xaloc Alacant A0
Goleadora
Peque
GolesXogadora
10Peque
5Ale de Paz
4Dany
4Jane
3Jenny
3Jenny Lores
3Lara
2Bea Mateos
2Cilene
1Luci
Patrocinadores